6 membros do Equipo de Orientación Específico de Ourense son sancionados con 10 meses de suspensión de emprego e soldo, pola Consellería de Educación, por facer uso da liberdade de expresión

Represión no ensino

O Equipo de Orientación Específico creado ao abeiro do Decreto 120/1998, de 23 de abril, para atender ás necesidades educativas que no relativo a orientación vocacional, discapacidades sensoriais, motóricas, sobredotación intelectual, trastornos na conduta, no desenvolvemento e audición e linguaxe teñen as alumnas e alumnos dos centros educativos de Ourense.
 6 membros do Equipo de Orientación Específico de Ourense son sancionados con 10 meses de suspensión de emprego e soldo, pola Consellería de Educación, por facer uso da liberdade de expresión

O Equipo de Orientación Específico creado ao abeiro do Decreto 120/1998, de 23 de abril, para atender ás necesidades educativas que no relativo a orientación vocacional, discapacidades sensoriais, motóricas, sobredotación intelectual, trastornos na conduta, no desenvolvemento e audición e linguaxe teñen as alumnas e alumnos dos centros educativos de Ourense.

 Este equipo está integrado por sete funcionarios especializados nesta problemática, dos cales un é nomeado coordenador do mesmo.

 En Ourense, desde 1998, a coordinación do EOE foi exercida por Manuel Ojea Rúa, contrariamente ao que acontece no resto dos equipos galegos, nos que a coordinación é exercida de xeito rotativo cada dous ou catro anos.

 O clima de traballo foise deteriorando até rematar nunha situación insostible debido a que o coordenador tiña unha actitude, que tal como califican o resto dos seis membros, en diferentes escritos rexistrados na Xefatura Territorial de Ourense, era arbitraria, e despótica. Debido a esto a función de coordenar e fomentar o traballo colaborativo non se podía levar adiante, xa que a comunicación co resto de membros do EOE era a través do correo electrónico e na preceptiva reunión semanal unicamente se repartían as demandas de intervención chegadas.

 Esta situación é ben coñecida pola administración educativa, xa que durante moito tempo o inspector do EOE foi José Luís Vázquez Fernández, até que foi Secretario Xeral da Consellería. En marzo de 2009, ten lugar unha reunión con este inspector, que suxire que se remita un escrito. En setembro de 2009 é cesado o actual coordenador, e despois de 25 días de incerteza, coa dispoñibilidade de case todos os membros a coller esa coordenación, a Xefatura Territorial de Ourense nomea novamente coordenador a Manuel Ojea Rúa, o que agrava moito a situación de tensión no seo do equipo e non soluciona ningún dos problemas de imprescindible comunicación no mesmo.

 Logo de varios escritos dos seis compoñentes do EOE, na que denunciaban a situación e actitude da Administración, logo de entrevistas da CIG-Ensino coa Xefa Territorial, de conversa telefónica co Secretario Xeral José Luís Vázquez coa finalidade de remediar o problema, a Consellería inicia un expediente disciplinario aos 7 membros que curiosamente rematan co sobresemento do que se lle incoa ao coordenador e sanciona con dez meses de suspensión de emprego e soldo aos outros seis funcionarios, a sabendas que no xulgado do contencioso dificilmente poderá a Xefatura Territorial soster os argumentos de sanción que agora emprega internamente para castigar aos funcionarios que o único que pretenderon e pretenden é que o equipo funcione correctamente.

 A Xefatura Territorial non intentou arranxar o problema, escudándose no expediente aberto polo antes inspector do EOE dende a Secretaría Xeral, sen preocuparlle para nada que o equipo poida funcionar correctamente para dar un mellor servizo aos rapaces e rapazas con necesidades educativas especiais.

A administración púxose de lado descaradamente dunha das partes en contra das outras seis empregando os órganos e procedementos internos para coartar a liberdade de expresión a estes seis profesionais do ensino e intentando durante todo o pasado curso amedrentalos coa incoación do expediente.

A CIG-Ensino non vai consentir este autoritarismo por parte da Consellería de Educación, o atropelo dos dereitos dos funcionarios públicos, nin que se sancione os traballadores por exercer o seu dereito a expresarse libremente transmitindo as súas queixas polas actitudes despóticas do coordenador.

Volver