3ª reunión do XII convenio de educación infaltil

Tres reunións que non deron nada de si e que amosan distanciamento

Desde a CIG-Ensino entendemos que as negociacións deste convenio sólo poden ter unha dirección que no é outra que a recuperación e mellora dos dereitos labories e salariais dos traballadores/as do sector e así, dignificar os seus dereitos.

Logo dunha 1ª e 2ª reunións de loitas das patronais polo reparto da representatividade, con  demanda na Audiencia Nacional incluída, carentes de contido por falta de negociacións entre as partes, só podemos sacar en limpo unha análise da situación do sector moi xeneralizada por parte da patronal e sindical, amosando visións opostas e moi distantes.

Na 3ª reunión a patronal fai unha Análise da situación, na súa liña catastrofista (que sempre lle deu bos resultados diante das OO.SS de sinatura fácil) insiste no carácter vocacional do empresariado, ao que considera un dos máis febles diante da crise, cun retroceso demográfico do 2,8 %. Cos datos oficiais de 2008, hai un 21,4 % menos de nacementos, 60.445 alumnos menos, é dicir, o 13,62 % das matrículas. Centros pechados ou con cambio de actividade. Tres descolgues no 2017. Quere tamén advertir sobre a reivindicación sindical da recuperación do IPC dende 2010, enumerando os meses de IPC negativo en cada ano ate chegar aos 4 meses negativos de 2017… Amosan continuísmo con contención salarial e de dereitos. Anuncian unha PLATAFORMA PATRONAL, que a parte dos salarios moderados, entenden temas prioritarios a negociar:

  • Clasificación profesional
  • Xornada, vacacións e permisos
  • IT
  • Descolgue
  • Réxime disciplinario
  • Ámbito funcional, non o teñen pechado pero queren unha definición máis axustada á realidade. 

Desde o banco sindical, matizamos os dados presentados, aportando argumentos con unha visión diferente do sector. Faise alusión ao aumento da inmigración que repercute nun maior número de escolarizacións, matriculacións e por tanto, de alumnado. Explican como o peso grande da crisis a soportaron os traballadores/as. Unha empresa rentable está en función da mellora das condicións laborais dos traballadores/as. Non consideramos relevante tres descolgues nun cómputo global, manifestando que no son significativos.

Desde a CIG-Ensino entendemos que as negociacións deste convenio sólo poden ter unha dirección que no é outra que a recuperación e mellora dos dereitos labories e salariais dos traballadores/as do sector e así, dignificar os seus dereitos polos seguintes motivos:

Primeiro, porque se trata dun convenio dos peores da ensinanza, moi básico ao estar prácticamente á altura da normativa dol E.T. (Estatuto dos Traballadores/as).

Segundo, porque cada vez se lle exixe aos traballadores/as máis formación, responsabilidade e plurifuncionalidade, recibiendo a cambio involucións nas súas condicións salariais e laborais.

Terceiro, porque durante a vixencia do XI convenio en vigor, asinado en 2010, creouse un precedente histórico moi negativo para a negociación colectiva, que nunca se dera: non cumprir o asinado no convenio, concretamente no seu art.50 Revisións salariais. Este recollía a subida salarial anual segundo o IPC do ano anterior e firmáronse 2 descolgues salariais, 2011 e 2015, levando ao sector a perder poder adquisitivo en 2011 e conxelar os salarios (xa precarios…) durante 4 anos 2012, 2013,2014 e 2015.

Liñas básicas da CIG-Ensino para a negociación do XII Convenio.

  • Adaptación  á normativa vixente de todo o texto. correcións sexistas.
  • Recuperación salarial:
    1. Subida lineal do ipc real do ano anterior, aplicado ao salario medio galego (17.700€) para os salarios inferiores a dito salario medio anual e do ipc real para o resto.
    2. Recuperación da pérdida acumulada de poder adquisitivo (5,6% e 6,6%) dende 2011.
  • Recuperación do complemento de antigüidade (trienios)
  • Redución da xornada laboral actual. axuste da xornada máxima anual á semanal. diferenciar horas lectivas de non lectivas.
  • Eliminación dos descontos no caso de incapacidade temporal por enfermedade común ou accidente non laboral, durante toda a i.t.
  • Recoñecemento das enfermidades profesionais.
  • Recoñecemento de tres días de asuntos propios.
  • Permiso retribuido polo tempo necesario para asistir a consultas médicas o traballador/a, fillos e fillas menores de idade (ou acollidos/as) e familiares dependentes (pola súa idade ou enfermidade) 
  • Reserva do posto de traballo durante o primeiro ano nas excedencias voluntarias, e durante toda a vixencia das mesmas, naquellas por coidado de fillo/a, ou por coidado de familiar ou persoa dependente a cargo que convivan co traballador/a. a duración máxima destas tres modalidades de excedencias poderá ser de 5 anos. 
  • Redución da xornada para maiores de 55 anos.

Próxima convocatoria o 14 de febreiro ás 10:30. 

CIG Informa Ensino Privado: Terceira reunión do convenio de Educación Infantil

Documento


Volver