Horario do profesorado e catalogos dos centros de educación infantil, primaria, infantil e primaria e centros públicos integrados

Mesa sectorial do 29 de maio de 2007

A Consellaría de Educación presentou na Mesa Sectorial de hoxe, 29 de maio, unha proposta de catálogos de postos de traballo que incluía unha proposta de xornada lectiva para o profesorado do corpo de mestres.

Horario do profesorado e catalogos dos centros de educación infantil, primaria, infantil e primaria e centros públicos integrados

A Consellaría de Educación presentou na Mesa Sectorial de hoxe, 29 de maio, unha proposta de catálogos de postos de traballo que incluía unha proposta de xornada lectiva para o profesorado do corpo de mestres. A Consellaría propón (podes consultar aquí a proposta concreta):

1.      Que os novos catálogos se apliquen ao longo dun período de catro anos, estando vixentes na súa totalidade no curso 2010-2011. Durante ese período terán prioridade na aplicación dos novos catálogos as escolas unitarias, os centros incompletos e os apoios de EI.

2.      Inclúen a redución horaria dos cargos directivos.

3.      O horario do profesorado reducirase de 25 a 23 horas lectivas e de 30 a 28 de permanencia.

A CIG-Ensino manifestou o seu desacordo coa proposta da Consellaría. En primeiro lugar a Consellaría presenta unha proposta que xa anunciara o 27 de marzo e que xa no seu día manifestamos que era inasumíbel. Desde o primeiro momento a CIG manifestara que demandábamos a homologación do profesorado do corpo de mestres co profesorado de secundaria no relativo ao horario: 18 períodos lectivos e cinco horas complementarias até 23, incluíndo nestas dúas horas de garda. O resto de cómputo mensual. Contemplar tamén as reducións para as coordinacións, os Equipos de Normalización, atención á biblioteca, etc. Estabelecendo, como en Secundaria, que o profesorado terá que permanecer tres horas como mínimo no centro, sendo dúas como mínimo lectivas, e non superar as cinco horas lectivas diarias.

           A Consellaría debe ter en conta que neste momento xa hai un número importante de profesores que imparten 23 horas.

           A CIG-Ensino non entrou a facer unha valoración detallada pois a documentación se nos presentou na mesma mesa e non puido ser avaliada en tempo, mais trasladámoslle os criterios mínimos para a confección dos catálogos (podes consultar aquí a proposta completa):cig-informa de maioØ      Tantos profesores xeralistas como unidades.

Ø      Reforzar os postos de PT e AL, tendo os centros de entre 3 e 6 unidades un especialista de PT, entre 6 e 12 unidades un PT e un AL, entre 12 e 18 unidades, 2 PT e un AL e entre 18 e 24 unidades 2 PT e 2 AL. É dicir incorporando un especialista de PT e outro de AL cada seis unidades, alternando. Atención de PT aos centros de menos de tres unidades.

Ø      Orientador en cada centro completo, e un segundo posto de psicopedagoxía cada 12 unidades.

Ø      Que se reduzan as ratios e que nelas computen os repetidores.

Ø      Servizos de orientación comarcalizados para aqueles centros con menos de 6 unidades.

A CIG-Ensino solicitou que a negociación comezase nunha vindeira Mesa, posto que a documentación acababa de ser entregada, e manifestou a súa disconformidade co calendario de aplicación. Ademais manifestamos que as negociacións na Mesa Sectorial non deben ir máis alá do 15 de xuño, que é a forma de garantir que o profesorado poida coñecer o que se está a negociar e mesmo reaccionar para exixir os seus lexítimos dereitos. Só a CIG fixo fincapé neste punto, outras organizacións sindicais (CCOO e ANPE), como vén sendo habitual, manifestaron non ter ningún problema por que a negociación se estenda ao 30 de xuño, cando todos sabemos que nesas datas sería imposíbel mobilizar o profesorado se fose necesario. Agardamos que non se faga como co acordo retributivo de 2003 asinado cando o profesorado estaba fóra dos centros.

A Consellaría anunciou que na semana que vén haberá Mesa para tratar este tema. A CIG agarda, e así llo trasladou á Consellaría, que nesa reunión Educación traia unha nova proposta para poder iniciar o proceso de negociación.

Cómpre dicir que, unha vez máis, organizacións como CCOO quixeron excluír á CIG dun posíbel entendemento sindical sobre esta negociación. Agardamos que estas prácticas sectarias non se reproduzan durante a negociación dos catálogos.

Volver