
Fraude na representación do profesorado na permanente do Observatorio Galego de Convivencia
A UXT usurpa a representación do profesorado
Desde que se celebraron as eleccións sindicais, veñen producíndose diferentes intentos de subverter e deslexitimar a vontade do profesorado que confirmou a CIG-Ensino como forza maioritaria cun 40% de representación. Para nós, o feito de que se minusvalorice a avaliación que o profesorado fai do modelo e do traballo sindical é moi grave xa que a representación que se estabelece non ten en conta a opinión dos representados. Todo isto leva a un divorcio entre os sindicatos e os traballadores.
Fraude na representación do profesorado
na permanente do
Observatorio Galego de Convivencia
Desde que se celebraron as eleccións sindicais, veñen producíndose diferentes intentos de subverter e deslexitimar a vontade do profesorado que confirmou a CIG-Ensino como forza maioritaria cun 40% de representación. Para nós, o feito de que se minusvalorice a avaliación que o profesorado fai do modelo e do traballo sindical é moi grave xa que a representación que se estabelece non ten en conta a opinión dos representados. Todo isto leva a un divorcio entre os sindicatos e os traballadores.
Neste caso, atopámonos de novo con outra sabotaxe á vontade do profesorado ao nomear, como representante das organizacións sindicais na permanente do Observatorio Galego de Convivencia, a un membro dunha forza minoritaria, aproveitando que no Pleno do Consello teñen dereito a estar presentes (cun/cunha representante por cada unha) todas as organizacións sindicais con presenza na Mesa Sectorial docente non universitaria, independentemente do apoio electoral que teñan detrás[1]. A isto temos que engadir que poderían unirse dous sindicatos en función de componendas estrañas e saír elixido aquel que consiga dous votos. Así ocorreu cando se designou o representante para a Permanente do Observatorio Galego de Convivencia, ao ser elixida UGT co apoio de CCOO, dous sindicatos que sumando os seus votos non acadan nin os sufraxios nin os/as delegados/as obtidos pola CIG-Ensino (Ver cadro dos resultados de 2006). Esta estafa ademais vulnera un acordo acadado previamente entre todos os sindicatos no sentido de que fose rotatoria a designación, en función da representación de cada un.
O profesorado ten que saber que, independentemente das súas simpatías coa CIG-Ensino ou non, este tipo de prácticas deteriora a democracia e as posibilidades que teñen de que as súas reivindicacións sexan tidas en conta porque os seus portavoces nos diferentes organismos poden prescindir de someterse ao seu xuízo e erixirse con eses cargos, pasando por enriba do que eles voten.
| | Resultados acadados no ensino público non Universitario, nas eleccións sindicais de decembro de 2006, en base á cal se conforma a Mesa Sectorial | ||||||||||||
| CIG | CCOO | UGT | ANPE | STEG | CSIF | ||||||||
| VOTOS | DELEGADOS | VOTOS | DELEG | VOTOS | DELEG | VOTOS | DELEG | VOTOS | DELEG | VOTOS | DELEG | ||
A CORUÑA | 3365 | 19 | 1602 | 9 | 1036 | 6 | 909 | 5 | 632 | 4 | 276 | 0 | ||
PONTEVEDRA | 3403 | 19 | 1288 | 7 | 1406 | 8 | 639 | 3 | 652 | 4 | 0 | 0 | ||
LUGO | 968 | 8 | 412 | 3 | 666 | 5 | 606 | 5 | 328 | 3 | 387 | 3 | ||
OURENSE | 688 | 7 | 827 | 8 | 328 | 3 | 375 | 4 | 279 | 3 | 0 | 0 | ||
| 8424 | 53 | 4129 | 27 | 3436 | 22 | 2529 | 17 | 1891 | 14 | 663 | 3 |
Tal e como se observa, a CIG obtén 53 delegados/as e 8424 votos, mentres que aínda sumando os votos e delegados/as de CCOO e UGT (49 delegados/as e 7565 votos) non acadan o resultado da CIG.
[1] Reproducimos o artigo 4, n) do Decreto 85/2007 que fixa quen constitúe o Pleno do Observatorio Galego da Convivencia Escolar marcando como referencia a Mesa Sectorial constituída nas eleccións sindicais de decembro de 2006: “Unha persoa representante por cada organización sindical con representación na Mesa Sectorial docente”