Fondo de Acción Social 2023
Toda a información do FAS
Ligazón á páxina web do FAS
Información da Consellaría
Ligazón á páxina informativa do FAS
Resolución definitiva
RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se anuncia a exposición das listaxes definitivas de axudas aprobadas e denegadas dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do exercicio económico 2022, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade para o persoal da Administración da Xunta de Galicia. Ligazón
Prazo de reclamación ás listaxes defintivas: do 9 de outubro ao 8 de novembro de 2023
Ligazón á páxina para realizar a consulta sobre a situación persoal de cada solicitude do FAS.
Resolución provisional
RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se anuncia a exposición das listaxes provisionais de axudas aprobadas e denegadas dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do exercicio económico 2022, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade para o persoal da Administración da Xunta de Galicia. Ligazón
Prazo de reclamación ás listaxes provisionais: do 17 ao 31 de xullo de 2023
Ligazón á páxina para realizar a consulta sobre a situación persoal de cada solicitude do FAS.
Convocatoria
RESOLUCIÓN publicada o 28 de abril
Prazo
Do 2 ao 15 de maio
- Requisitos
1. Atoparse en situación de servizo activo no período de presentación de solicitudes, incluídos os supostos de incapacidade temporal e períodos de maternidade, paternidade, adopción, acollemento e risco de embarazo; en situación de suspensión de funcións ou de excedencia voluntaria con dereito á reserva de posto de traballo. Tamén terá a condición de beneficiario o persoal adscrito a postos de natureza descontinua que se atope no período de inactividade; así como os que se xubilaron en 2022, en proporción ao tempo en que estiveron en activo.
2. Convivir con cónxuxe, parella de feito, fillos ou ascendentes de 1º grao por consanguinidade ou afinidade, ou tutelados por sentenza xudicial firme:
a) Que teñan unha discapacidade física, psíquica ou sensorial recoñecida polo organismo competente antes do 1 de xaneiro de 2023 nun grao igual ou superior ao 75 %.
b) Que teñan unha discapacidade física, psíquica ou sensorial recoñecida polo organismo competente antes do 1 de xaneiro de 2023 nun grao igual ou superior ao 33 % e inferior ao 75 %, e perciba ingresos inferiores a 13.510 € anuais en concepto de rendementos de traballo ou de prestación que teña tal consideración.
- Comprobación de datos e documentación que se debe acompañar coa solicitude
1. A condición de beneficiario exixirá acreditar as seguintes circunstancias: a identidade do causante e o seu grao de discapacidade e a data de recoñecemento; a convivencia do beneficiario e do causante; o parentesco ou suxeición á tutela e, se é o caso, os rendementos do traballo do causante.
Consultaranse automaticamente, sempre que as persoas interesadas e os causantes así o autoricen na solicitude, os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI ou NIE da persoa con discapacidade causante da axuda.
b) Certificado de empadroamento do beneficiario e causante.
c) Recoñecemento do grao de discapacidade da persoa con discapacidade causante da axuda.
d) IRPF da persoa con discapacidade causante da axuda correspondente ao exercicio de 2021.
2. No caso de non autorizar a consulta, deberán presentar os documentos correspondentes xunto coa solicitude. Para tales efectos deberanse xuntar con esta, segundo os casos, as copias que teñan a consideración legal de auténticas dos seguintes documentos:
a) Identidade do causante: copia do DNI ou NIE do causante.
b) Convivencia entre beneficiario e causante: certificado de empadroamento.
c) Grao de discapacidade e data de recoñecemento: certificado do grao de discapacidade do causante e da data de recoñecemento.
d) Parentesco ou relación de tutela: o parentesco ou relación de parella de feito ou de tutela poderase acreditar, segundo os casos, mediante copia de todas as follas do libro de familia onde consten asentos, certificado literal de nacemento do solicitante ou do causante, certificado de matrimonio ou de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito, ou certificado literal de inscrición da tutela no Rexistro Civil.
e) No caso de causantes cun grao de discapacidade inferior ao 75 %, certificado de imputacións do IRPF ou certificado da pensión de xubilación correspondente ao exercicio do ano 2021 da persoa do causante.
f) No caso do persoal docente non universitario e profesorado de relixión, certificado da secretaría do centro de adscrición que acredite que teñen prestado servizos en tal condición no ano 2022 e que están en servizo activo no prazo de presentación de solicitudes.
3. Os interesados que foron beneficiarios da axuda correspondente ao exercicio 2021, salvo modificacións das circunstancias, estarán exentos de presentar a documentación indicada no punto anterior, excepto a correspondente á letra f).
- Presentación de solicitudes
A solicitude será única, con independencia do número de causantes con discapacidade polos que se solicita a axuda, e xerarase de forma telemática desde a internet: http://www.xunta.es/dxfp/fas.htm. Presentarase dentro do prazo dos dez días hábiles seguintes ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia no rexistro ou de forma dixital a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/portada) mediante o trámite de solicitude xenérica, a través do servizo PR004A –presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado– e dirixiranse á Consellería de Facenda e Administración Pública, unidade da Dirección Xeral da Función Pública. No obxecto do asunto indicarase: convocatoria do Fondo de Acción Social do ano 2022. Xunto coa solicitude achegaranse tamén as copias auténticas dos documentos que se exixen e das certificacións que xustifiquen os feitos que se aleguen.