Fondo de Acción Social 2022

Toda a información do FAS

Ligazón á páxina web do FAS

Información da Consellaría

Ligazón á páxina informativa do FAS

Resolución definitiva

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se anuncia a exposición das listaxes definitivas de axudas aprobadas e denegadas polos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do exercicio económico 2021, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade para o persoal da Administración da Xunta de Galicia. Ligazón

Resolución Provisional

Publicada a resolución provisional do #FAS (fondo de acción social). Ligazón

Plazo de reclamación a los listados provisionales: del 20 de julio al 3 de agosto de 2022.

Convocatoria

RESOLUCIÓN publicada o 29 de abril

Prazo

Do 2 ao 13 de maio

  • Requisitos

    1. Atoparse en situación de servizo activo no período de presentación de solicitudes, incluídos os supostos de incapacidade temporal e períodos de maternidade, paternidade, adopción, acollemento e risco de embarazo; en situación de suspensión de funcións ou de excedencia voluntaria con dereito a reserva de posto de traballo. Tamén terá a condición de beneficiario o persoal adscrito a postos de natureza descontinua que se atope no período de inactividade; así como os que se xubilasen en 2021; en proporción ao tempo en que estiveron en activo.

    2. Convivir con cónxuxe, parella de feito, fillos ou ascendentes de 1º grao por consanguinidade ou afinidade ou tutelados por sentenza xudicial firme:
    a) Que teñan unha discapacidade física, psíquica ou sensorial recoñecida polo organismo competente antes do 1 de xaneiro de 2022 nun grao igual ou superior ao 75 %.
    b) Que teñan unha discapacidade física, psíquica ou sensorial recoñecida polo organismo competente antes do 1 de xaneiro de 2022 nun grao igual ou superior ao 33 % e inferior ao 75 % e perciba ingresos inferiores a 13.300 € anuais en concepto de rendementos de traballo ou de prestación que teña tal consideración.

  • Comprobación de datos e documentación que se debe acompañar coa solicitude

    1. A condición de beneficiario exixirá acreditar as seguintes circunstancias: a identidade do causante, o seu grao de discapacidade e data de recoñecemento; a convivencia do beneficiario e do causante; o parentesco ou suxeición a tutela e, se é o caso, os rendementos do traballo do causante.

    Consultaranse automaticamente, sempre que as persoas interesadas e os causantes así o autoricen na solicitude, os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas: a) DNI ou NIE da persoa con discapacidade causante da axuda. b) Certificado de empadroamento de beneficiario e causante. c) Recoñecemento do grao de discapacidade da persoa con discapacidade causante da axuda. d) IRPF da persoa con discapacidade causante da axuda correspondente ao exercicio de 2020.

    2. No caso de non autorizar a consulta, deberán presentar os documentos correspondentes xunto coa solicitude. Para tales efectos, deberase acompañar con esta, segundo os casos, as copias que teñan a consideración legal de auténticas dos seguintes documentos: a) Identidade do causante: copia do DNI ou NIE do causante. b) Convivencia entre beneficiario e causante: certificado de empadroamento. c) Grao de discapacidade e data de recoñecemento: certificado do grao de discapacidade do causante e da data de recoñecemento. d) Parentesco ou relación de tutela: o parentesco ou a relación de parella de feito ou de tutela poderase acreditar, segundo os casos, mediante copia de todas as follas do libro de familia onde consten asentos, certificado literal de nacemento do solicitante ou do causante, certificado de matrimonio ou de inscrición no rexistro de parellas de feito, ou certificado literal de inscrición da tutela no Rexistro Civil. e) No caso de causantes cun grao de discapacidade inferior ao 75 %, certificado de imputacións do IRPF ou certificado da pensión de xubilación correspondente ao exercicio do ano 2020 da persoa do causante. f) No caso do persoal docente non universitario e profesorado de relixión, certificado da secretaría do centro de adscrición que acredite que teñen prestado servizos en tal condición no ano 2021 e que están en servizo activo no prazo de presentación de solicitudes.

    3. Os interesados que foron beneficiarios da axuda correspondente ao exercicio 2020, salvo modificacións das circunstancias, estarán exentos de presentar a documentación indicada no punto anterior, excepto a correspondente á letra f).

  • Presentación de solicitudes

    En rexistro ou de forma dixital a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) mediante trámite de solicitude xenérica (PR004A-Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado).

    Dirixiranse á Consellería de Facenda e Administración Pública, unidade Dirección Xeral da Función Pública. No obxecto do asunto indicarase Convocatoria do fondo de acción social do ano 2021.

Volver

Novas relacionadas