Fondo de Acción Social 2021

Toda a información do FAS

Ligazón á páxina web do FAS

Listaxes definitivas

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se anuncia a exposición das listaxes definitivas de axudas aprobadas e denegadas dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do exercicio económico 2020, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade para o persoal da Administración da Xunta de Galicia. Ligazón

Consulta das listaxes. Ligazón

Listaxes provisionais

Resolución. Ligazón
Consulta das listaxes. Ligazón
Prazo de reclamacións: do 2 ao 13 de agosto

Información da Consellaría.

Ligazón á páxina informativa do FAS

Convocatoria 2021

RESOLUCIÓN publicada o 18 de maio

  • Documentación que se debe acompañar coa solicitude e comprobación de datos

    A condición de beneficiario esixirá acreditar as seguintes circunstancias: a identidade do causante e o seu grao de discapacidade e data de recoñecemento; a convivencia do beneficiario e do causante; o parentesco ou suxeición a tutela e, se é o caso, os rendementos do traballo do causante. Ademais deberase acreditar que se está en servizo activo. Para tales efectos, deberase acompañar coa solicitude, segundo os casos, as copias que teñan a consideración legal de auténticas dos seguintes documentos:

    a) Identidade do causante: copia do DNI ou NIE do causante.

    b) Convivencia entre beneficiario e causante: certificado de empadroamento.

    c) Grao de discapacidade e data de recoñecemento: certificado do grao de discapacidade do causante e da data de recoñecemento.

    d) Parentesco ou relación de tutela: o parentesco ou relación de parella de feito ou de tutela poderase acreditar, segundo os casos, mediante copia de todas as follas do libro de familia onde consten asentos, certificado literal de nacemento do solicitante ou do causante, certificado de matrimonio ou de inscrición no rexistro de parellas de feito, ou certificado literal de inscrición da tutela no Rexistro Civil.

    e) No caso de causantes cun grao de discapacidade inferior ao 75%, certificado de imputacións do IRPF correspondente ao exercicio do ano 2019 da persoa do causante.

    f) No caso do persoal docente non universitario e profesorado de relixión, certificado da secretaría do centro de adscrición que acredite que prestaron servizos en tal condición no ano 2020 e que están en servizo activo no prazo de presentación de solicitudes.

O persoal que fora beneficiario da axuda correspondente ao exercicio 2019 (da convocatoria publicada no 2020), agás modificacións das circunstancias, estará exento de presentar a documentación indicada no punto anterior, agás a correspondente á letra e).

Prazos

19 de maio ao 1 de xuño

Volver

Novas relacionadas