Fondo de Acción Social 2020

Toda a información do FAS

Ligazón á páxina web do FAS

Información da Consellaría.

Ligazón á páxina informativa do FAS

Resolución definitiva no DOG.

Ligazón á resolución do 27 de outubro de 2020, da Dirección Xeral da Función Publica, pola que se anuncia a exposición das listaxes definitivas de axudas aprobadas e denegadas dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do exercicio económico 2019, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade para o persoal da Administración da Xunta de Galicia.

As persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada contra a resolución ante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte (mércores 4) ao da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Resolución Provisional.

Ligazón á resolución no DOG

Contra a resolución provisional dos expedientes as persoas solicitantes poderán presentar reclamación e, se é o caso, emendar os defectos que motivan a exclusión provisional no prazo de dez días hábiles.

Convocatoria 2020

RESOLUCIÓN publicada o 20 de xullo

Presentación da solicitude.

Despois de anos de reclamacións logramos suprimir o trámite a realizar dentro dos centros educativos, polo que só teremos que presentar a solicitude nun rexistro (por ter que presentar a documentación cotexada) ou por medios telemáticos se non temos que presentar nova documentación.

  • Documentación que se debe acompañar coa solicitude e comprobación de datos

    A condición de beneficiario esixirá acreditar as seguintes circunstancias: a identidade do causante e o seu grao de discapacidade e data de recoñecemento; a convivencia do beneficiario e do causante; o parentesco ou suxeición a tutela e, se é o caso, os rendementos do traballo do causante. Para tales efectos, deberase acompañar coa solicitude, segundo os casos, as copias que teñan a consideración legal de auténticas dos seguintes documentos:

    a) Identidade do causante: copia do DNI ou NIE do causante.

    b) Convivencia entre beneficiario e causante: certificado de empadroamento.

    c) Grao de discapacidade e data de recoñecemento: certificado do grao de discapacidade do causante e da data de recoñecemento.

    d) Parentesco ou relación de tutela: o parentesco ou relación de parella de feito ou de tutela poderase acreditar, segundo os casos, mediante copia de todas as follas do libro de familia onde consten asentos, certificado literal de nacemento do solicitante ou do causante, certificado de matrimonio ou de inscrición no rexistro de parellas de feito, ou certificado literal de inscrición da tutela no Rexistro Civil.

    e)No caso de causantes cun grao de discapacidade inferior ao 75%, certificado de imputacións do IRPF correspondente ao exercicio do ano 2018 da persoa do causante.

O persoal que fora beneficiario da axuda correspondente ao exercicio 2018 (da convocatoria publicada no 2019), agás modificacións das circunstancias, estará exento de presentar a documentación indicada no punto anterior, agás a correspondente á letra e).

Prazos

21 de xullo ao 3 de agosto do 2020.

Volver

Novas relacionadas