Fondo de Acción Social 2012

Toda a información sobre o FAS 2012

Consulta desde esta sección toda a información sobre o Fondo de Acción Social do ano 2012.

 

Negociación. 

Despois de que no ano pasado (Fondo de Acción Social 2011) a Xunta acometera un recorte brutal na asignación orzamentaria adicada á axuda social do persoal laboral ou funcionario da administración galega, dentro da deriva de recortes e ataques contra os empregados públicos do goberno de Núñez Feijóo, no ano actual vemos a continuación da morte deste fondo social.

Lembremos que o mecanismo "legal" que ideou o goberno de Núñez Feijóo foi incluír un artigo na Lei 1/2012, do 29 de febreiro, que dicía o seguinte:

«suspéndese para todo o persoal incluído no ámbito de aplicación desta lei a convocatoria, a concesión ou o aboamento de calquera axuda derivada do concepto de acción social, así como calquera outra que teña por obxecto esta finalidade, agás a axuda por persoa con discapacidade, que non poderá ser superior á contía de 180 euros mensuais por cada persoa, namentres estea en vigor esta lei». 

Con esta imposición legal non existe, por tanto, negociación algunha coa representación sindical. Todas as axudas que desapareceron o ano anterior volven de novo a estar ausentes, manténdose a restricción a unha única partida: a axuda para familiares discapacitados.

Se o ano pasado o recorte no FAS chegou aos 7 millóns de euros, este ano a partida destinada ao FAS 2012 mantén esa liña de recortes, polo que estariamos a falar dun recorte en dous anos de 14 millóns de euros sobre o que persoal da Xunta percibía dos Orzamentos galegos nesta materia. 

Normativa: DOG 09/04/2013. Ligazón

PRAZOS e PROCEDEMENTO DAS SOLICITUDES DO F.A.S.:

Prazo para cubrir na web as solicitudes e para presentalas unha vez impresas á dirección do centro docente  Ligazón para acceder ao F.A.S.    9 - 25 de abril
Prazo das direccións dos centros para entregar as solicitudes conformadas aos solicitantes (completadas e comprobada, se procede, a documentación achegada) 26 de abril - 14 de maio 
Prazo para presentar nos rexistros públicos (delegacións, oficinas de correos, etc) as solicitudes por parte dos solicitantes 15 maio - 3 xuño 

Resolución

Listaxes definitivas de axudas aprobadas e denegadas dos criterios de repartición do fondo de acción social do exercicio económico 2012, relativos á axuda para a atención de persoas discapacitadas (DOG 29-11-2013). Ligazón

Volver

Novas relacionadas