Folga o mércores 9 de maio no ensino privado concertado polo mantemento da xornada reducida contínua
Calendario Escolar
Folga tamén no ensino privado concertado contra o calendario escolar imposto pola Consellaría de Educación
A CIG-Ensino mantén a súa convocatoria de folga no ensino privado concertado polos mesmos motivos polos que se levou a cabo no ensino público, para mañá 9 de maio, en calquera caso a incoherencia sería das outras OO.SS. que aceptaron un acordo no ensino público que non lles vale para o concertado.
Reproducimos o texto proposto pola Consellaría, que como se verá, non se distingue substancialmente no que se refire ao calendario escolar do que veñen de aceptar os outros sindicatos para o ensino público. É mais, o punto catro, como se verá, é incluso mellor que o do acordo que veñen de asinar. En calquera caso é o profesorado o que debe xulgar por si mesmo unha vez que posúa toda esta información:
A Consellería de Educación e
Ordenación Universitaria, as organizacións sindicais FETE-UGT, FSIE, CC.OO. e
USO e as organizacións patronais CECE, Educación e Xestión e
ACES-Galicia
ACORDAN
A Consellería de Educación e Ordenación
Universitaria e as organizacións sindicais e patronais asinantes chegan ao
seguinte acordo sobre a aplicación do calendario escolar para o curso 2007/2008,
así como os demais aspectos sinalados nos seguintes
parágrafos.
Primeiro.- Para o curso académico 2007/2008 o
calendario escolar dos centros docentes sostidos con fondos públicos, será o
regulado pola Orde do 9 de abril de 2007 da Consellería de Educación e
Ordenación Universitaria, publicada no Diario Oficial de Galicia do día 16 de
abril.
Segundo.- En aplicación do calendario escolar para o
curso académico 2007/2008, garantirase que o alumnado terá a mesma xornada
horaria durante todo o curso.
Terceiro.- Segundo se recolle nos artigos 9º ao
11º da Orde do 9 de abril de 2007, os centros educativos poderán solicitar unha
modificación da xornada escolar, en canto á súa distribución. Esas posibles modificacións para os meses de setembro de 2007 e de xuño
de 2008, serán dirixidas ás Delegacións Provinciais da Consellería de Educación
e Ordenación Universitaria, sempre que se reúnan os seguintes
requisitos:
a)
Petición
expresa, formulada pola dirección do centro educativo previo acordo do Consello
Escolar, adoptado por maioría simple.
b)
Indicación
do horario escolar que se desenvolverá durante os meses de setembro de 2007 e
xuño de 2008, cunha xornada, con carácter xeral, de cinco horas
diarias.
Cuarta.- A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria aprobará esa
modificación da xornada para setembro e xuño sen máis trámite que a
solicitude.
Quinta.- A Consellería de Educación e Ordenación
Universitaria, valorará cos sindicatos e as organizacións patronais, antes de
rematar o curso 2006-2007, as impricacións da reorganización da xornada de
traballo do persoal docente.
Sexta.- En relación co anterior, a Consellería
de Educación e Ordenación Universitaria negociará a adecuación das ratios dos
centros privados concertados con ensinanzas de educación infantil e
educación primaria.
Sétima.- A Consellería de Educación e Ordenación
Universitaria negociará, ao longo do primeiro trimestre do curso 2007-2008, unha
flexibilización dos requisitos necesarios na tramitación e concesión da xornada
lectiva en sesión única de mañá.
Oitava.- A Consellería de Educación e Ordenación
Universitaria convocará periodicamente a Comisión Tripartita do Ensino
Concertado co obxecto de dar a coñecer con antelación suficiente os proxectos de
normativa que afecten ao sector da concertada para que as partes impricadas
desde a información previa colaboren coas oportunas
suxestións.
En virtude deste acordo, a Comisión
Tripartita do Ensino Concertado reunirase nun prazo de 30 días para comezar a
abordar os puntos deste acordo e as reivindicacións
pendentes.
Novena.- En base a este acordo, as organizacións sindicais FETE-UGT, FSIE, CC.OO.
e USO desconvocan a folga prevista para o día 9 de maio de
2007.
Décimo.- Constituirase unha comisión de seguimento
que velará polo cumprimento do reflictido no presente
acordo.