
Fixados - sen acordo - os servizos mínimos da folga do 3 de maio no ensino convocada en defensa do mantemento da xornada matinal continua
Folga do 3 de maio
Fixados - sen acordo - os servizos mínimos da folga do 3 de maio no ensino convocada en defensa do mantemento da xornada matinal continua
Hoxe fomos chamados pola Consellaría de Educación para fixar os servizos mínimos para a folga que temos convocada a CIG-ENSINO e o STEG para o día 3 de maio. A proposta presentada pola Consellería consistía en:
- O/A director/a ou membro do equipo da dirección en cada centro docente non universitario.
- O 25 % do persoal docente encargado de comedores das escolas-fogar, garantindo un mínimo de dúas persoas.
Diante disto, a CIG-Ensino manifestou o seu desacordo, facendo referencia a un auto do Tribunal Superior de Galiza (RJCA 2002/693), o cal declaraba abusivos os servizos mínimos fixados pola administración durante a folga xeral do 20 de xuño de 2002.
O Comité de Folga fixo patente a súa discrepancia por estar en desacordo que teña que haber presenza de director/a ou membro do equipo directivo en centros de menos de 6 unidades.
Lembrade pois que o profesorado que está convocado é o dos centros públicos que están afectados pola orde da Consellería na que se lle elimina a xornada reducida matinal de xuño e setembro.