
Esiximos a rectificación e cese da Secretaria Xeral Susana López Abella
Roda de prensa das presidentas dos comités do Consorcio
Esiximos a rectificación e cese da Secretaria Xeral Susana López Abella
As delegadas do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar acompañados polo Secretario Nacional da CIG Ensino, Anxo Louzao, desmentiron punto por punto as declaracións realizadas o pasado sábado 24 de outubro nos medios de comunicación mentindo sobre a forma de acceso ao posto de traballo do persoal das oficinas I+B.
O persoal das oficinas I+B e en xeral do Consorcio considera inadmisíbeis as declaracións da Secretaria Xeral, onde acusa as traballadoras e traballadores de ser persoal elixido a dedo polo anterior goberno, cando todas e cada unha destas persoas accederon aos seus postos de traballo a través dun proceso público cuxas convocatorias podedes ver a continuación:
-
Convocatoria do proceso selectivo para o II Plan Galego de Inclusión Social, DOG do nº 43 do xoves, 1 de marzo de 2007, para o equipo coordinador sito en Servicios Centrais e no DOG, nº 77 para os equipos comarcais. Todo o persoal pasou por tres tipos de probas, unha teórica, unha práctica, unha defensa do último exame e un concurso, sumatorio as probas efectuadas.
-
Convocatoria do proceso selectivo Plan de Familia, DOG nº 206 do 24 de outubro do do Plan de Igualdade e do 2007. Este persoal superou dous tipos de exame.
-
Chamamentos realizados para cubrir as vacantes do Plan da infancia e adolescencia, realizados a través das listaxes de contratación existentes no Consorcio pola orde establecida no 2008.
Queremos tamén facer público cal é a realidade das traballadoras e traballadores do consorcio:
-
Precariedade salarial, a media sitúase nos 800€ e 1000€ ao mes.
-
Traballar máis horas das pactadas que no resto das administracións públicas, xa que facemos de 40h en diante. Moitas das baixas non son cubertas o que supón que o persoal duplique o seu traballo cubrindo as súas compañeiras.
-
Utilización de medios persoais (como é o uso do coche propio, cubrindo unha media de 600 km mensuais) para a realización do noso traballo..
-
Temporalidade, aínda que o sistema de acceso foi por oposición ou por concurso oposición, a maioría dos traballadores ten un contrato por obra e servizo declarado ilegal pola inspección de traballo. E no caso das oficinas de I+B todos os programas están vinculados a convenios anuais.
Por todo o anterior as medidas que imos adoptar son as seguintes:
-
A resolución dos comités de empresa esixindo a rectificación
-
Promover unha recollida de sinaturas.
-
Solicitar unha entrevista cos grupos parlamentares .
-
Estudo doutras accións na asemblea de todo o persoal do xoves.