Embestida da Consellaría á formación do profesorado con prácticas caciquís e desprezativas co profesorado

Ataque á calidade do ensino

A CIG-Ensino quere denunciar un atropelo máis da Consellaría de Educación ao ensino público ao reducir nun número importante o profesorado que apoiaba, asesoraba, formaba e fornecía de recursos aos docentes e centros educativos. Este profesorado accedeu a este tipo de prazas por concurso de méritos a postos de asesores dos servizos centrais da Consellaría, asesores de formación dos 7 Centros de Formación e Recursos e das súas 13 extensións e aos postos de dirección destes centros. Ao mesmo tempo queremos sinalar o nepotismo co que está a actuar a Administración, tanto á hora de substituír o profesorado cesado –naqueles casos en que se cambian- como nalgún caso á hora de discernir o profesorado a continuar ou non como asesor/a. Non deixa de ser casual que se cesan sen xustificación ningunha algún profesorado mentres outro que ten vencellos familiares con cargos do PP continúan. Nos casos nos que se está procedendo a substituír postos faise por criterios caciquís e non a través do estipulado na normativa recollida no Decreto 99/2006 que regula o acceso a este tipo de prazas. Así os directores cesados dos Centros de Formación e Recursos (CFR) de Lugo, Pontevedra, Ferrol e A Coruña serán substituídos por outros nomeados a dedo.
Embestida da Consellaría á formación do profesorado con prácticas caciquís e desprezativas co profesorado
A CIG-Ensino quere denunciar un atropelo máis da Consellaría de Educación ao ensino público ao reducir nun número importante o profesorado que apoiaba, asesoraba, formaba e fornecía de recursos aos docentes e centros educativos. Este profesorado accedeu a este tipo de prazas por concurso de méritos a postos de asesores dos servizos centrais da Consellaría, asesores de formación dos 7 Centros de Formación e Recursos e das súas 13 extensións e aos postos de dirección destes centros. Ao mesmo tempo queremos sinalar o nepotismo co que está actuar a Administración, tanto á hora de substituír o profesorado cesado –naqueles casos en que se cambian- como nalgún caso a hora de discernir o profesorado a continuar ou non como asesor/a. Non deixa de ser casual que se cesan sen xustificación ningunha algún profesorado mentres outro que ten vencellos familiares con cargos do PP continúan. Nos casos nos que se está procedendo a substituír postos faise por criterios caciquís e non a través do estipulado na normativa recollida no Decreto 99/2006 que regula o acceso a este tipo de prazas. Así os directores cesados dos Centros de Formación e Recursos (CFR) de Lugo, Pontevedra, Ferrol e A Coruña serán substituídos por outros nomeados a dedo.
Por outro lado a Consellaría de Educación vén de deixar vacantes diferentes postos do profesorado que estaba destinado, previo concurso de méritos, aos CFR. A non confirmación no seu posto de asesor/a do profesorado prodúcese sen ningún tipo de xustificación ou explicación e afecta, entre outras, ás asesorías de linguas en Ferrol, Lugo, Cee, Tui, O Barco de Valdeorras, asesoría de linguas estranxeiras e a de bibliotecas escolares na Coruña, infantil en Santiago, orientación en Ferrol, ou o total das prazas en valores (7) en toda Galiza. Quedan pois sen atender esas áreas porque en todos os centros só hai un único asesor/a de cada ámbito.
A formación permanente do profesorado é fundamental para a actualización, innovación educativa e a renovación pedagóxica, peza chave para facer máis eficaz a función docente e actuar con máis coñecementos e recursos para reducir o fracaso escolar.
A medida tomada pola Consellaría supón un importante retroceso porque os centros e profesorado quedarán orfos no asesoramento, apoio e formación de certos ámbitos importantes do sistema educativo. Estamos diante dunha actuación que resulta máis grave, debido a alta demanda de Formación do Profesorado que está a ser desatendida.
Unha vez máis a Consellaría toma unha nova medida en período de vacacións, sen negociación, incumprindo a normativa en vixencia e amosando outra volta unha actitude desprezativa coa representación sindical e, xa que logo, co profesorado.
A Consellaría está actuando totalmente con criterios partidistas e ideolóxicos. Por certo, pauta que vén sendo denominador común nesta Consellaría e nomeadamente polo Director Xeral de Educación e Formación Profesional.
A CIG-Ensino esixe que non se reduza os actuais asesores de formación do profesorado. Calquera substitución terá que ser mediante a normativa en vixencia e polo tanto debe paralizarse calquera tipo de actuación até que se negocie en setembro a elaboración dun novo plano que contemple a formación do conxunto do profesorado.

Volver