Educación Infantil: A patronal segue instalada no inmobilismo e no involucionismo

A patronal segue instalada no inmobilismo e no involucionismo do XII convenio de E.I., seguen a querer sacar máis tallada aínda do convenio e as demais OO.SS non están dispostas a presionala con mobilizacións para que cambien o rumbo

Na oitava mesa de negociación, (22 de maio), dase por pechada a nova clasificación profesional así como a definición das funcións dos distintos postos de traballo. Queda pendente só o introducir ou non o posto de “Coordinadora” nos cargos directivos temporais e a súa correspondente definición das funcións.

Artigo 8. Clasificación Profesional

            O persoal comprendido no ámbito de aplicación do presente Convenio Colectivo, de conformidade co contrato de traballo, clasificarase nun dos siguintes grupos profesionais:

Grupo I.  Persoal de Aula:

  1. Mestra.
  2. Educadora Infantil.
  3. Auxiliar de apoio

Grupo II. Persoal de servizos complementarios:

Personal especializado: logopeda, psicólogo, enfermero, médico e demais persoal especializado.

Grupo III. Persoal de administración e servizos:

  1. Persoal de cociña.
  2. Persoal de Limpeza.
  3. Persoal de Mantemento.
  4. Persoal de Servizos Xerais.
  5. Administrativa.

Os postos especificados anteriormente teñen carácter enunciativo e non supoñen a obriga de ter provistas todos eles se a necesidade ou o volume da actividade do Centro non o requiren. 

Artigo NOVO. Cargos temporais.

Serán cargos temporais, entre outros, os seguintes:

  1. Director.
  2. Subdirector.
  3. Director pedagóxico

Estes cargos son temporais e, polo tanto, a súa duración virá determinada polo tempo que o empresario encomende a traballadora as responsabilidades propias do cargo. Unha vez rematada esta asignación temporal, a traballadora volverá a todos os efectos ao posto de traballo para o que se lle contratou. 

ANEXO I

Definición dos postos de traballo

Grupo I.  Persoal de Aula:

Mestra: É a persoa que, reunindo a titulación requerida pola lexislación vixente e coa especialización – ou acreditación– correspondente, elabora e executa a programación curricular do centro ou ciclo ; exerce a actividade educativa integral no centro, desenvolvendo as programacións curriculares, incluindo tamén as actividades relacionadas coa saúde, hixiene e alimentación.

Educadora Infantil.É quen, tendo a titulación académica mínima requerida pola lexislación vixente, exerce a actividade educativa da súa aula, elaborando e executando as programacións curriculares  da mesma. Asimesmo, desenvolerá todas as actividades relacionadas coa saúde, hixiene e alimentación que procedan.

Auxiliar de apoio. É aquel traballador que, coa titulación mínima requerida pola lexislación vixente en cada momento, axuda, auxilia ou apoia nas tarefas diarias da aula que se lle encomenden, incluindo todas aquelas derivadas do coidado, orde, alimentación, aseo e cuidado dos menores. As auxiliares acompañarán ás Titulares de Aula, non podendo actuar en ausencia das mesmas nin exercer as súas funcións. Estarán, entre outras tarefas, ao coidado da orde, seguridade, entretemento, alimentación, aseo e atención persoal dos/as nenos/as.

Grupo II. Persoal de servizos complementarios:

Persoal especializado: logopeda, psicólogo, enfermeiro, médico…

É o que coa titulación mínima requerida exerce unha función especializada ou asesora, xa sexa directamente cos alumnos/as ou xenericamente no centro ou empresa. 

Grupo III. Persoal de administración e servizos

  1. Persoal de cociña. É a persona encargada da confección de menús, compra, preparación dos alimentos, responsabilizándose do seu bo estado e preparación, así como da limpeza do local e utensilios de cociña. A traballadora que exerza esta función deberá estar en posesión da cualificación requerida en materia alimentaria.
  2. Persoal de limpeza: É quen atende a función da limpeza das dependencias encomendadas, baixo a dirección da empresa ou persoa designada pola mesma.
  3. Persoal de Mantemento: É quen, tendo a suficiente práctica dedícase ao coidado, preparación e conservación integral dos edificios e xardíns.
  4. Persoal de Servizos Xerais: Son as persoas ás que se lle encomendan funcións ou oficios especiais ou mixtos entre as anteriores categorías deste grupo.
  5. Administrativa: Son as persoas que realizan funciòns de administración, burocráticas, atenden os teléfonos, recepción e demáis servizos da mesma índole.

Definición de funcións de cargos temporais.

  1. Director.É o encargado polo titular de dirixir as actividades do Centro.
  2. Subdirector.: É o encargado que auxilia o Director e, en caso necesario, substitúe o Director nas súas funcións.
  3. Director pedagóxico.É a persona que, en posesión da titulación requerida, é encargada polo  titular de dirixir e supervisar as actividades pedagóxicas desenvolvidas no centro.

Na 9ª mesa de negociación, feita en 2 sesións o 11 e o 18 de xuño, comeza obanco sindical solicitando ao banco patronal os puntos prioritarios e o sentido destes para avanzarmos neste Convenio. Manifestamos a necesidade de ter materias para abordar ao non ter conclusións da Comisión Técnica, e dar por pechada definitivamente a Clasificación Profesional nos termos descritos na 8ª reunión e renunciando ao posto de coordinadora, definitivamente.

Logo de varias intervencións, polas dúas partes, de reproches e exixencias, acórdase presentar por ambas partes cadansúas propostas prioritarias para acercar posturas co obxectivo de chegar a acordos, posto que vai máis dun ano alá e apenas avanzamos no XII Convenio.

Na segunda sesión, primeiro reunímonos o banco sindical para consensuarmos as prioridades. Como CIG fixemos propostas de ameazar á patronal con mobilizacións, pero obtivemos a calada por resposta… o que si mantivéronse as reivindicacións, sen concesións á patronal e esperemos que o sigan facendo e así lograrmos mellorar o convenio que tan precario é…Dende a CIG-Ensino non imos a ceder e presionaremos para que os vosos dereitos non se vendan.

Deste xeito A BANCADA PATRONAL fai a seguinte proposta:

  • Ámbito salarial: Para os anos 2016 e 2017mantemento dos salarios, é dicir, conxelación. Para os anos 2018 y 2019unha subida salarial do 1% para cada ano, a excepción dos postos de traballo pertencentes ao Grupo II. Para o posto de mestra, unha subida do 0,75%, e para a educadora infantil un incremento do 1,25%tamén respectivamente para cada ano. Ao auxiliar de aula aplicaríaselle o SMI. Todos os incrementos salariais aplicaríanse ao comezo de curso de cada ano académico, é dicir, no mes de setembro. Ademais, estas subidas estarían vinculadas aos siguintes aspectos:
  • Eliminación da xornada semanal, manténdose só a referencia da xornada total anual.
  • Con respecto á Incapacidade Temporal,  aplicaríanse os criterios marcados polo Réxime Xeral da Seguridad Social dende o comezo até o día 20 e a partir do día 21 da baixa a empresa complementaría o 100% do salario até o 4º mes de baixa .  
  • Os 10 días adicionais de vacacións en Semana Santa e Nadal pasarán a 7 días.
  • En bolsas un desconto do 50% en proporción á xornada laboral, exclusivamente na prestación de servizos de educación infantil e en aulas de nenos/as até dous anos que se dea un 15% de alumnos/as matriculados.
  • É, a verdade, un auténtico desprezo e insulto ao colectivo de traballadores/as, e máis logo de quedarmos en facer propostas serias e xustificadas, co ánimo de avanzar nas negociacións… está claro que esta patronal está acostumbrada a facer o que lle peta e mentres non lle ensinemos os dentes non vai cambiar… esperemos que estas negociacións sexan as que os forcen a cambiar “as dinámicas de negociación”, para conquerirmos melloras reais que dignifiquen o convenio e aos traballadores/as, que van fartos de que se lles exixa cada vez máis e con menos dereitos.

POLO BANDO SINDICAL, en total unidade das OO.SS, déuselle traslado das propostas prioritarias para chegar a un acordo:

  • Xornada: recalcular a xornada anual con respecto ao número de días laborables que hai no calendario escolar. Para a Mestra un total de 1.384 horas anuais. Para a Educadora Infantil e resto de personal 1640 horas anuais. Reservar o 15% da xornada do persoal docenteen cómputo anual para traballo complementarionon lectivo. Manter xornadas semanais.
  • Permisos: especificar que serán referidos todos en días laborábeis. Adecuar todos os permisos á realidade das parellas de feito. Permiso para acudir a citas de médicos especialistas, probas médicas, urxencias…, recoñecendo o dereito tamén para o acompañamento ás mesmas de familiares até 2º gradode consanguinidade e afinidade. Engadir 3 días de asuntos propios, para temas persoais puntuais (xestións bancarias , administrativas, titorías de fillos/as,…)
  • Salarios: Desde o 1 de xaneiro de cada ano, 2016 un 2%, 2017 un 3%, 2018 un 2%, 2019 un 2%  e 2020 un 2%  nas táboas xerais. Engadir un 1% variablevinculado a outros índices económicos e coa idea de recuperar a perda de poder adquisitivo destes últimos anos.Que ningún salario sexa inferior á cantidade mensual de 1.000 euros en 14 pagasao final da proposta.

Para os traballadores/as de fundacións, obras sociais e  caixas de aforros, ás porcentaxes de subida mencionados anteriormente, un incremento do 1% a maiores.

Para os traballadores/as de centros de Xestión Indirecta unha subida do 5% sobre os mencionados anteriormente; así, para o ano 2016 un 8%, para o ano 2017 un 9%, para o ano 2018, 2019 e 2020 un 8%. Con respecto ás escolas concertadas, traballarían segundo os módulos de concerto.

Tras un receso para valorar as propostas realizadas, na bancada social seguimos manténdonos nas nosas propostas, amosando unha actitude moi crítica polas propostas da patronal, a cal quere seguir prolongando os recortes da crise, de forma inxustificada.

O banco patronal propuxo, logo da volta do receso, emplazarnos para a seguinte data acordada, o día 4 de xullo ás 10:30 horas, e así ter tempo de analizar as propostas, pois nese momento non podían dar outras respostas ao plantexado na mesa de negociación.

Educación Infantil: A patronal segue instalada no inmobilismo e no involucionismo

Documento


Volver