É un ataque sen precedentes ao ensino público, ao profesorado e un retroceso e involución das nosas condicións de traballo
Rolda de prensa conxunta: a CIG-Ensino e demais organizacións sindicais do ensino consideran que a pretensión da Consellaría de incrementar o horario lectivo o profesorado un “ataque sen precedentes” e unha reconversión do ensino público e anuncian medida
- As medidas anunciadas por Anxo Louzao, como portavoz, son as seguintes:
21 de xuño de 2011: Concentración ante a Consellaría de Educación de delegados e delegadas sindicais e esixencia na Mesa Sectorial da retirada do proxecto.
21 de xuño de 2011: Paro en todos os centros de Infantil e Primaria de 10 a 10:30 coincidindo coa celebración da Mesa Sectorial, permanecendo o profesorado de brazos cruzados.
28 de xuño de 2011: manifestación ás 11:30 con saída da Praza do Toural e remate na Consellaría de Educación.
Resolucións dos Consellos escolares, Claustros e Xuntas de Persoal esixindo a retirada desta proposta e o mantemento e cumprimento do acordo de 8 de xuño de 2007.
Petición de entrevistas aos grupos parlamentares.
Elaboración dun calendario de folga coincidindo co inicio do curso escolar e outras propostas que se considerasen necesarias.
Anxo Louzao “recorda que a orde obriga ao profesorado a facer funcións e asumir responsabilidades que non lle corresponden”.
Con esta medida a Consellaría “pretende utilizar ao profesorado para tapar a problemática do transporte escolar que non sempre está cumprindo os horarios que ten asignados” dixo Louzao.
Impide realizar diferentes actividades e programas, dinamizacións, apoio educativo... e repercute negativamente na calidade do ensino.
O Conselleiro de Educación pretende mandar unha mensaxe de desprestixio do profesorado infravalorando o noso traballo e desvalorizando totalmente a función docente.
O Conselleiro debe saber que as súas artimañas para pretender desmobilizar e evitar a contestación non lle van dar resultado, xa que hai unha firme vontade de todas as organizacións e do profesorado de non cesar na loita até que se retire esa proposta.
Así resumía o secretario nacional de CIG-Ensino, Anxo Louzao, o contido dunha proposta da consellaría que vai supor recortar en máis de 1.000 profesores.
O Secretario Nacional da CIG Ensino, Anxo Louzao, rematou dicindo que o Conselleiro de Educación, é o verdadeiro destrutor do Ensino público e inimigo número un do profesorado, a súa dimisión sería o único servizo positivo para educación galega.
Novas relacionadas