
Documentación para a próxima Mesa Sectorial
Maio 2016
A Consellaría de Educación vén de remitirnos, para o seu debate na Mesa sectorial o proxecto de decreto de 6 currículos de FP Básica, a modificación do procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado e as ordes que regulan o calendario escolar, as licenzas por formación, o reintegro individual de gastos por formación, a adxudicación de destinos provisionais, o concurso de méritos específico para cubrir prazas de persoal asesor e tamén concurso público de méritos para cubrir postos de directores dos centros de recursos e de asesores do Servizo de Formación do Profesorado, CAFI e dos centros de formación e recursos.
- Proxecto de decreto polo que se establecen seis currículos de títulos profesionais básicos Ligazón
- Orde pola que se modifica a Orde do 18 de febreiro de 2011 que establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes da Consellería Ligazón
- Orde pola que se convocan licenzas por formación para o curso 2016/17 destinadas ao funcionariado docente non universitario e se aproban as bases de concesión Ligazón
- Orde pola que se regula o procedemento para o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario para o ano 2016 Ligazón
- Orde pola que se convoca concurso de méritos específico para cubrir prazas de persoal asesor Ligazón
- Orde pola que se convoca concurso público de méritos para cubrir postos de directores dos centros de recursos e de asesores do Servizo de Formación do Profesorado, CAFI e dos centros de formación e recursoso Ligazón
- Orde de adxudicación de destinos provisionais de secundaria Ligazón
- Orde de adxudicación de destinos provisionais de primaria Ligazón
- Calendario escolar Ligazón