Despois da denuncia da CIG-Ensino, Educación convoca os premios a proxectos de innovación en normalización linguística
Proxectos innovación en normalización lingüística
Despois da denuncia pública da CIG e da presentación dun escrito dirixido á Dirección Xeral de Educación e á Secretaría Xeral de Política Lingüística, hoxe mesmo publicouse no portal da Consellaría de Educación a convocatoria dos premios á innovación en dinamización lingüística. A CIG-Ensino viña reclamando desde o ano pasado que as convocatorias para o curso 2010-2011 realizasen, como as dos anos 2008 e 2007, con antelación ao inicio do curso escolar, de xeito que estivese resolto nese momento e se puidese dar inicio ao proxecto. Finalmente a Consellaría, despois do escrito presentado pola CIG fai a convocatoria, para a que remata o prazo de presentación de documentos o día 15 de xullo, e que se resolverá no prazo máximo de tres meses desde a convocatoria, é dicir, o 14 de setembro.
Despois da denuncia da CIG-Ensino, Educación convoca os premios a proxectos de innovación en normalización linguística
A Consellaría soamente aplica recortes para a promoción do galego
Despois da denuncia pública da CIG e da presentación dun escrito dirixido á Dirección Xeral de Educación e á Secretaría Xeral de Política Lingüística, hoxe mesmo publicouse no portal da Consellaría de Educación a convocatoria dos premios á innovación en dinamización lingüística.
A CIG-Ensino viña reclamando desde o ano pasado que as convocatorias para o curso 2010-2011 realizasen, como as dos anos 2008 e 2007, con antelación ao inicio do curso escolar, de xeito que estivese resolto nese momento e se puidese dar inicio ao proxecto. Finalmente a Consellaría, despois do escrito presentado pola CIG fai a convocatoria, para a que remata o prazo de presentación de documentos o día 15 de xullo, e que se resolverá no prazo máximo de tres meses desde a convocatoria, é dicir, o 14 de setembro.
A convocatoria tamén recolle outra demanda da CIG como era o recoñecemento en horas de formación para o profesorado implicado.
Porén temos que seguir criticando a falta de apoio da Consellaría á nosa lingua pois volve reducir o numero de proxectos premiados, que nesta convocatoria se reducen a cinco, en lugar dos dez convocados en 2008. Cómpre lembrar que xa o curso pasado reduciron de dez a sete os premios a conceder.
Ademais a Consellaría tamén reduce o montante global dos premios, que neste curso non superará os 15000 euros, fronte aos 21000 previstos para a convocatoria do ano pasado. Unha vez máis a Consellaría víralle as costas ao noso idioma, mentres está disposta a gastar oito millóns de euros en substituír os libros vixentes de matemáticas, física e química e tecnoloxía, ou un millón de euros en facer propaganda sobre o seu Decreto contra o galego. Non lle importa malgastar diñeiro en contra do noso idioma, mais para iso recorta e aforra en proxectos de innovación que son absolutamente necesarios e que demostran a capacidade do profesorado para idear e pór en marcha proxectos que son moi positivos para o idioma.
A CIG vai seguir reclamando que:
Ø Que se manteña o número de premios en 10.
Ø Que a convocatoria se realice a través do DOG.
Ø Que se manteña o requisito de incluír no proxecto “as necesidades de formación do profesorado para a óptima execución do proxecto”.
Ø Que se manteña a porcentaxe de valoración (un 40%, fronte como se recollía nas convocatorias anteriores ao 2009, fronte ao 30%) dos criterios de participación do profesorado, grao de compromiso do centro co desenvolvemento do proxecto, grao de compromiso do profesorado coa lingua galega e garantía da continuidade do proxecto, criterios de importancia substancial á hora de valorar a viabilidade do proxecto a realizar.
Ø Que se incremente o montante económico global destinado aos premios.
Ø Que se manteña a asignación horaria ao profesorado encargado do proxecto.
CONVOCATORIA INNOVACIÓN LINGÜÍSTICA
CONVOCATORIA INNOVACIÓN LINGÜÍSTICA