Delegados e delegadas da CIG-Ensino concéntranse ante a Consellaría de Traballo demandando a negociación dun convenio galego para centros de atención a discapacitados e o compromiso da Consellaría con este servizo

Tamén entregaron no rexistro un escrito esixindo unha entrevista urxente na que tratar o futuro destes centros

Cómpre considerar que os Centros e Programas existentes en Galiza no sector da Atención á Discapacidade cumpren unha función social fundamental e atenden un servizo público que a propia Administración non é quen de ofertar neste momento. A práctica totalidade dos centros están xestionados por entidades sen ánimo de lucro, xurdidas única e exclusivamente da iniciativa de persoas con discapacidades, ben de xeito directo, ben por vinculación familiar, polas distintas necesidades/realidades ás que atenden, tendo pois como obxectivo prioritario a mellora da calidade de vida e polo tanto do servizo e non a súa rendibilidade, matiz diferenciador claro se as comparamos con outro tipo de empresas privadas de servizos que están tratando de introducirse no sector

Delegados e delegadas da CIG-Ensino en centros de atención a discapacitados concentráronse esta mañá ante a Consellaría de Traballo e Benestar para reclamar unha entrevista urxente na que tratar a situación actual dos centros e servizos atención a discapacitados.

A CIG-Ensino vén reclamando a negociación dun convenio de ámbito galego coa Administración da Xunta de Galiza que ten plenas competencias na materia, e da que dependen todos os centros que en Galiza están a realizar un labor tan importante, que debería de lle corresponder á propia Adminstración. A negociación dun convenio galego no que participasen as patronais do sector en Galiza, as organizacións sindicais con representación e a propia Consellería permitiría chegar a un  compromiso na liña de regular e incrementar os recursos para estes centros e servizos, que cada vez teñen máis difícil desenvolver o seu labor, así como a creación dun marco de negociación no que, as tres partes implicadas, Administración, Patronais e Organizacións Sindicais, estas dúas últimas en función da súa representación, busquen solucións para o futuro, para mellorar a calidade do servizo, por ende a calidade de vida das persoas beneficiarias, e as condicións do seu persoal, marcando un calendario de reunións co obxectivo de chegar a un Convenio Propio de Ámbito Galego, máis axeitado á realidade do sector en Galiza.

Cómpre considerar que os Centros e Programas existentes en Galiza no sector da Atención á Discapacidade cumpren unha función social fundamental e atenden un servizo público que a propia Administración non é quen de ofertar neste momento. A práctica totalidade dos centros están xestionados por entidades sen ánimo de lucro, xurdidas única e exclusivamente da iniciativa de persoas con discapacidades, ben de xeito directo, ben por vinculación familiar, polas distintas necesidades/realidades ás que atenden, tendo pois como obxectivo prioritario a mellora da calidade de vida e polo tanto do servizo e non a súa rendibilidade, matiz diferenciador claro se as comparamos con outro tipo de empresas privadas de servizos que están tratando de introducirse no sector.

Na actualidade, estes centros están a pasar por graves dificultades para manter en funcionamento as súas estruturas e, en consecuencia, a prestación dos servizos. A conxelación dos concertos, os recortes nas subvencións, o retraso nos pagos das mesmas (nalgún caso até dun ano) están a provocar grandes problemas económicos e de liquidez que, de manterse, poden provocar, nun breve prazo de tempo, o peche de algúns centros e algún ERE. Esta falla de recursos afecta directamente á capacidade para ofertar os servizos a un sector máis amplo da sociedade que o demanda, así como a súa calidade. Un dos factores esenciais para manter uns niveis de calidade aceptables é a estabilidade, a cualificación e as condicións laborais e salariais do seu persoal, que hoxe ten que desenvolver as súas funcións nunhas condicións bastante precarias.

Neste momento existe unha clara incompatibilidade entre o marco actual de negociación e o de competencias, creando importantes dificultades para os centros o feito de ter que acollerse a moi diversos convenios, algúns de ámbito Estatal, que non teñen en conta as diferenzas entre as distintas Comunidades Autónomas, as características especiais dos diferentes tipos de centros e, en consecuencia, as competencias que a Administración Galega debe exercer sobre eles e os recursos de que debe dotalos.

 Por este motivo hoxe delegadas e delgados da CIG-Ensino concentráronse ante a Consellaría e entregaron no rexistro un escrito esixindo unha entrevista urxente na que tratar o futuro destes centros.

Delegados e delegadas da CIG-Ensino concéntranse ante a Consellaría de Traballo demandando a negociación dun convenio galego para centros de atención a discapacitados e o compromiso da Consellaría con este servizo

Volver