Decreto para a promoción do galego no ensino
Normalización Lingüística
Proxecto de Decreto para a promoción do galego no ensino:
Resume do Decreto :
Formación:
- Fixa un plan de formación por unha competencia oral e escrita suficiente de todo o persoal.
- Curso de formación do profesorado en prácticas.
Educación Infantil:
- Usarase a lingua materna predominante entre o alumnado, tendo en conta a lingua do entorno, e coidarase que o alumno adquira de forma oral e escrita coñecemento da outra lingua.
- Nas contornas castelanfalantes, a utilización da lingua como lingua de comunicación e ensinanza será como mínimo igual á da lingua castelá e fomentarase a adquisición progresiva da lectura e escrita en galego.
Educación Primaria:
- Garantirase como mínimo que o alumnado receba o 50% da docencia en galego. Sendo obrigada nas áreas de matemáticas, coñecemento do medio natural, social e cultural e educación para a cidadanía e dereitos humanos.
ESO
- Impartiranse en Galego as seguintes materias:
o Ciencias da Natureza
§ Bioloxía e xeoloxía
§ Física e química
o Ciencias Sociais
o Xeografía e historia
o Matemáticas
o Educación para a cidadanía
- O Consello Escolar a proposta do claustro, completará o número de materias, para garantir como mínimo o 50% da docencia en galego.
Bacharelato
- Determinarase no desenvolvemento da LOE a materia que se imparta en galego, garantindo que o alumnado reciba como mínimo o 50% en galego.
Formación Profesional
- En galego módulos atribuídos a especialidade de FOL e módulos profesionais que decide a dirección , oídos os departamentos das familias a que pertence o ciclo, cara a alcanzar o mínimo do 50%.
EPA
- Nivel I e II: Mínimo o 50%
- Nivel III e Bacharelato, todo en galego agás outras linguas
- Plano específico para a formación para a poboación inmigrante
Proxecto Lingüístico de centro no que fixe a lingua a empregar nas distintas materias e medidas de apoio e reforzo.
Exención
- Poderán solicitar a exención (no libro mais non no expedinte) durante dous cursos académicos aqueles que proveñan doutras comunidades autónomas ou países estranxeiros coa lingua oficial castelá, só cando se incorporen a 4º da ESO ou ao Bacharelato, tendo que asistir obrigatoriamente ás clases (o incumprimento podería levar a revogación da exención)
Para o téxto íntegro do decreto premer aquí