Decreto e Orde de Comedores Escolares
Mesa Sectorial 23-1-07
Mesa sectorial do 23 de Xaneiro de 2007
Debate sobre a Orde de Comedores
Punto tratado: Orde que regula a organización,
funcionamento e xestión do servizo de comedores escolares.
O Secretario Xeral presenta a Orde
indicando que desenvolve o Decreto de comedores
escolares debatido o pasado mes de xuño e que previsibelmente se aprobará no
Consello da Xunta desta mesma semana, por este motivo é urxente tratar esta
orde. Informa de que na tramitación do Decreto se introduciron melloras como que
os remanentes que se produzan no crédito poden acumularse ao exercicio seguinte,
ou que un 15% do orzamento do comedor poderá destinarse a melloras das
instalacións, o que non debe entenderse como que a Administración vai a facer
desleixo das súas funcións.
Entregan na mesma Mesa un novo borrador da
Orde, segundo eles sen modificacións importantes, a non ser no tema dos menús
para o alumnado con dietas especiais, en que se recolle que se lle prepararán no
centro, mais que tamén poden levalos preparados da casa.
A Proposta da Consellaría contempla a
seguinte clasificación dos centros:
Tipo de
comedor |
Comensais |
Dotación |
Comedores tipo
A |
ata 75
comensais |
1 oficial 2º de
cociña |
Comedores tipo
B |
de |
1 oficial 2ºde cociña e 1 axudante
de cociña |
Comedores tipo
C |
de |
1 oficial 2ºde cociña e 2 axudantes
de cociña |
Comedores tipo
D |
de |
1 oficial 2º de cociña e 3 axudantes
de cociña |
Comedores tipo
E |
máis de 351
comensais |
1 oficial 2º de cociña e 4 axudantes
de cociña |
Intervención da
CIG-Ensino:
A CIG-Ensino manifesta que bota en falta
cuestións importantes que non se recollen nin no Decreto nin na Orde, como que a
Consellaría se comprometa a ofertar en todos os centros educativos o servizo de
comedor, habilitando instalacións en centros que hoxe non contan con elas e
mediante a obrigatoriedade de que os centros de nova construción conten con este
espazo. No debate do Decreto a Administración fora receptiva e se non se recolle
non se pode garantir este dereito a todos os centros. Ademais, reclamamos que o
servizo de comedor estea dotado de persoal específico.
Como criterios xerais
propomos:
-
Todos os centros públicos de nova creación teñen que dispoñer de
instalacións adecuadas para garantir a oferta obrigatoria do servizo de
comedor.
-
Todos os centros públicos deben habilitar os espazos necesarios para
dotarse do servizo de comedor.
-
Todo o persoal do centro e alumnado debe ter o dereito a poder facer uso
deste servizo polo que se lle debe garantir unha praza no
comedor.
-
A atención ao comedor debe realizarse con persoal específico coa
cualificación necesaria e con relación laboral coa Consellaría de Educación.
-
A xestión e funcionamento dependerán directamente da Consellaría, por
medio de persoal específico e cualificado dependente da
mesma.
-
Todos os centros que teñan servizo de comedor dotaranse de
administrativos.
-
Financiamento suficiente para facilitar a gratuidade ao maior número
posíbel do alumnado de infantil, primaria e ESO. En todo caso, terá dereito á
súa total gratuidade o alumnado transportado e todos aqueles cuxa renda per
cápita familiar non supere 5 veces o salario mínimo
interprofesional.
-
A apertura de novos comedores non debe estar condicionada ás
dispoñibilidades orzamentarias.
-
Que as cantidades fixadas pola Consellaría por comensal se incrementen
substancialmente para poder elaborar menús equilibrados e adaptados a esas
idades.
-
Ningún comedor escolar, independentemente da súa modalidade, terá
unicamente catalogada unha soa persoa para a cociña.
-
Ten que se contemplar a posibilidade de ofertar
almorzos.
-
O calendario do comedor corresponderá ao do calendario
escolar.
-
A Consellaría garantirá a todos os centros un programa de xestión
económica para os comedores.
-
Nas ratios que se estabelezan deben contemplarse a redución se atende a
alumnado de 1º de Educación Infantil (3 anos) e se hai comensais con necesidades
educativas especiais.
-
Non se pode permitir ningunha colaboración que non teña relación
contractual.
-
Débese regulamentar un protocolo para actuar co alumnado que necesite
unha atención especial debido a unha dieta especial
Articulado do texto, solicitamos:
ARTIGO
1º
Apartado
2. Engadir ao final: “Subministro e elaboración de
almorzos”
ARTIGO
2º
Apartado
1.
Substituír
“docente ou non” e “dalgunha das seguintes modalidades” por “como criterio xeral pola modalidade
de”:
Suprimir
os parágrafos b), c) e
d)
Apartado 2.
Último
parágrafo do apartado 2, 3ª liña: Substituír “poderá concederlle” por
“concederalle”.
ARTIGO
3º
Débese
suprimir o artigo na súa totalidade. A CIG-Ensino propón que sexa de xestión
directa.
ARTIGO 4º
Apartado 1.
Na 1ª liña
despois de “servizo de comedor
escolar”, débese engadir: “naqueles
centros que non estea funcionando”. A liña quedaría así: “A solicitude do servizo de comedor escolar,
naqueles centros que non estea funcionando, será representada
...”
Engadir
ao final do 1º parágrafo: “ouvido o claustro de
profesores”.
ARTIGO
5º
Na liña 1ª
entre “comedor escolar” e “axustarase ao disposto” engadirase o
seguinte: “en todo caso, o servizo de
comedor permanecerá en activo durante todo o curso escolar”. Quedaría así:
“A duración do servizo de comedor
escolar, en todo caso, permanecerá en activo durante todo o curso escolar,
...”
ARTIGO
6º
Apartado 1, última
liña:
Suprimir: “no caso de existiren prazas
vacantes”.
Apartado
2.
parágrafo
quedará como segue: “Ao servizo de
comedor escolar terá dereito todo o alumnado do centro que desexe facer uso do
mesmo”
Apartado
5.
Propomos
suprimir este apartado, xa que para a CIG-Ensino deben garantirse as prazas
necesarias para todos e todas.
ARTIGO
13º
Apartado
3.
Substituír: “non supere a cantidade de 3.5 veces”
por “non supere a cantidade de 5
veces”.
Substituír: “se atope entre 3.5 e 5.5 veces o
salario” por “se atope entre
ARTIGO
7º
Apartado
1.
Substituír
todo por: “As tarefas de atención ao alumnado que
utiliza o servizo de comedor escolar serán realizadas por persoal específico con
cualificación correspondente”
Apartado
2.
Propomos
que “sexa o persoal específico coa cualificación necesaria, dependente da
Consellaría de Educación. En todo caso, se se opta por outra modalidade ten que
haber relación contractual e non lle pode corresponder ao director esta
función”. En consecuencia, suprimir a partir de
“excluíndo”.
Apartado
5.
No
último parágrafo,
despois do cadro de Educación Infantil, substituír “o delegado provincial de Educación e
Ordenación Universitaria autorizará a ratio en función das necesidades concretas
en cada caso.” por “e alumnado
de tres anos estas ratios rebaixaranse”. O parágrafo quedará así: “No caso do alumnado con necesidades
educativas especiais, sen autonomía persoal e alumnado de tres anos, estas
ratios rebaixaranse.”
Educación
Secundaria Obrigatoria:
NÚMERO DE
ALUMNAS/OS |
PERSOAL DE
APOIO |
Até
50 |
2
persoas |
De
|
3
persoas |
De 75
a100 |
4
persoas |
De
|
5
persoas |
De
|
6
persoas |
Máis de
150 |
7
persoas |
Educación
Primaria:
NÚMERO DE
ALUMNAS/OS |
PERSOAL DE
APOIO |
Até
30 |
2
persoas |
De
|
3
persoas |
De 50
a70 |
4
persoas |
De
|
5
persoas |
De
|
6
persoas |
De
|
7
persoas |
Máis de
130 |
8
persoas |
Educación
Infantil:
NÚMERO DE
ALUMNAS/OS |
PERSOAL DE
APOIO |
Até
20 |
2
persoas |
De
|
3
persoas |
De
|
4
persoas |
De
|
5
persoas |
De
|
6
persoas |
De
|
7
persoas |
Máis de
85 |
8
persoas |
ARTIGO
8º
Apartado
1.
Engadir ao
final do último parágrafo: “Dentro
da súa xornada de traballo”.
Suprimir
o parágrafo 4º que di o seguinte: Servizo de atención ás mesas dos
usuarios.
Substituír
no parágrafo 5, “comedor” por “cociña”. O parágrafo quedaría así:
“Limpeza das instalacións e equipos do servizo de cociña escolar, coidando o seu uso e
conservación.”
ARTIGO
15º
Apartado
1.
Suprimir o
apartado 1.
Propomos que
o profesorado non se encargue deste servizo, senón que sexa persoal
específico.
Apartado
4.
Onde pon “ao final de cada trimestre” debe
pór “ao final de mes”.
Apartado
6.
Engadir
despois do apartado 6, un Apartado 7
que diga o seguinte: As/os
coidadoras/os que poidan exercer de forma voluntaria a función de apoio e
atención aos usuarios do comedor, sempre que estean libres de realizar o seu
labor profesional, terán dereito á mesma gratificación que a sinalada
anteriormente, que se concederá como unha axuda complementaria ao servizo de
comedor correspondente pola comisión provincial, regulada no artigo 15 do
Decreto”.
ARTIGO
10º
Apartado
2.
Suprimir ao
final do parágrafo 5º: “así como
coordinar as relacións laborais co persoal da empresa concesionaria dos
servizos”
Razón:
non ten porque
corresponder ás direccións, terá que depender da propia
Consellaría.
ARTIGO
11º
Apartado
1.
Engadir ao
final: “En todos aqueles centros onde haxa
Comedor Escolar, deberá haber un libro de rexistro no que veñan recollidas as
seguintes cuestións: número de comensais, menú elaborado nese día, materia prima
utilizada para a confección do menú, e todas aquelas incidencias que poida haber
no Servizo de Cociña e Comedor.
Este rexistro será diario e deberá ir asinado polos responsábeis de Cociña e
Comedor co visto e prace do Director do Centro.”
Apartado
2.
Deberían
estabelecerse uns criterios claros.
Ademais sobre as categorías dos comedores (art. 2.2. e 4.5.) propomos:
Tipo de
comedor |
Comensais |
Dotación |
Comedores tipo
A |
até 120
comensais |
1 oficial 2º de
cociña |
Comedores tipo
B |
de |
1 oficial 2ºde cociña e 1 axudante
de cociña |
Comedores tipo
C |
de |
1 oficial 2ºde cociña e 2 axudantes
de cociña |
Comedores tipo
D |
de |
1 oficial 2º de cociña e 3 axudantes
de cociña |
Comedores tipo
E |
máis de 300
comensais |
1 oficial 2º de cociña e 4 axudantes
de cociña |
Toda aquela fracción que chegue a 60 comensais deberá incorporar 1 membro do persoal de cociña.
O Secretario Xeral destaca que se mellora
a ratio respecto da actual. Manifesta tamén que teñen como primeiro obxectivo
ampliar a rede, o que pensan que pode estar feito en 2 anos, e que
posteriormente ampliarán o servizo (refírese á oferta do almorzo).
A Consellaría acepta as demandas da CIG de
que o servizo de comedor se adapte ao calendario escolar, mais consideran que
non debe figurar nesta orde, senón na de calendario escolar, porén non poden
garantir que para o vindeiro curso sexa xa así. Tamén aceptan a nosa proposta de
que os coidadores e coidadoras poidan colaborar voluntariamente no servizo, unha
vez atendidas as súas tarefas.
Tamén manifestan que, malia non recoller
na normativa a obrigatoriedade de que os centros de nova construción conten coas
instalacións necesarias para ofertar o servizo de comedor, é a súa vontade que
así sexa (a CIG-Ensino aclaroulle que este extremo debe figura ou nesta orde ou
no Decreto de requisitos mínimos dos centros, onde non figura tampouco, porque
se non é así quedará ao albur das intencións do gobernos en cada
momento).
A Consellaría di apostar polo modelo de
xestión directa, e entenden que a solicitude do servizo debe facerse o máis
axiña posíbel, mesmo ao inicio do curso, para que os demandantes de praza poidan
indicar no momento de solicitar praza se queren ou non este servizo. Estudarán a
contratación dunha póliza de responsabilidade civil para o persoal
colaborador.
Informaron de que este ano xa se produciu
un incremento de 3000 comensais, que xa se están a aplicar as ratios que
propoñen na orde e que fixeron o esforzo de acoller a todos os solicitantes do
servizo. Hai 311 centros de xestión directa e destes son 16 ou 17 os centros en
que quedou fóra algún solicitante. Nalgúns centros fíxose ampliación de
instalacións.
Nunha segunda intervención a
CIG-Ensino volveu
facer fincapé nas diferentes propostas, entre elas as seguintes
:
-
Que haxa
persoal específico para a atención do servizo. A atención do comedor non é unha
función do profesorado e o servizo debe estar garantido.
-
Que se
modifique a proposta de categorías se é necesario, mais que non haxa ningún
comedor atendido por unha soa persoa.
-
Debe recollerse
nesta orde, ou no Decreto sobre requisitos mínimos, que os centros de nova
creación teñen que construír unhas instalacións destinadas a
comedor.
-
Que se recolla
a oferta de almorzos, aínda que non estea recollido como unha obriga do
servizo.
O Secretario Xeral manifestou que non poden modificar as ratios.
* Se queres descargar o Decreto e Orde podes facelo premendo aquí en baixo: