Debate de diversas ordes de convocatoria na mesa sectorial do 21-03-07

Mesa Sectorial 21 de marzo de 2007

Ordes polas que se convoca concurso público para cubrir postos de asesores e/ou asesoras de formación nos centros de formación e recursos, e no Servizo de Formación do Profesorado e anuncio polo que se comunica a apertura do prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia

Mesa sectorial do 21 de Marzo

Na Mesa Sectorial de 21 de marzo de 2007 tratáronse as Ordes polas que se convoca concurso público para cubrir postos de asesores e/ou asesoras de formación nos centros de formación e recursos, e no Servizo de Formación do Profesorado.

Quen pode presentarse?

Os funcionarios e funcionarias de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas nos niveis educativos non universitarios, con destino en centros dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que estean en posesión  do curso de perfeccionamento de lingua galega e que conten cun mínimo de 5 anos de experiencia docente como funcionario de carreira. A estes efectos computaranse os servizos docentes recoñecidos de acodo coa Lei 70/1978, de recoñecemento dos servizos prestados como interino ou interina.

Proxecto:

As e os interesados deberán presentarse un proxecto que desenvolverá, polo menos, os seguintes apartados:

-          Marco  lexislativo que regula a formación do profesorado.

-          Innovación e formación permanente: fundamentación e modelos.

-          Liñas prioritarias e estratexias de actuación: diagnose de necesidades, deseño de accións formativas, apoio e asesoramento a grupos, intercambio e difusión de experiencias e mecanismos para reforzar a presenza  do centro de formación nos centros educativos.

-          Plan de actuación para tres anos.

-          Criterios e proceso de avaliación do plan.

Período de formación

As persoas seleccionadas recibirán formación sobre a función asesora, de 70 horas de duración, cunha fase inicial de 50 horas, que se desenvolverá no mes de setembro, e outra, de 20 horas, que se desenvolverá no primeiro e segundo trimestres do curso 2007-08 e que versará sobre as necesidades do propio centro de formación e recursos.

Retribucións

Percibirán o complemento específico correspondente a asesor ou asesora de centros de formación e recursos, segundo o establecido no anexo V da Orde do 16 de xaneiro de 2007 (DOG do 23) pola que se ditan instrucións para a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2007.

                                                                                 

Propostas da CIG-Ensino:

-         Que o profesorado de Lingua galega non teña que acreditar o requisito de galego, ao posuír a especialidade, e que nos cinco anos de antigüidade se computen as excedencias por coidado de fillos menores.

-         As comisións de selección deben estar constituídas por menos cargos administrativos e no seu lugar por máis profesorado co perfil necesario.

-         Supresión da entrevista.

-         Obrigatoriedade de realizar e presentar o proxecto en Galego.

-         No baremo, máis peso á antigüidade tendo en conta tamén os servizos como interino.

-         Os/As aspirantes deberán acreditar o coñecemento das TIC.

-         Eliminar o requisito de acadar unha puntuación mínima no proxecto, para eliminar a subxectividade, xa que quen non obteña unha nota mínima no proxecto queda excluído.

-         Débese evitar que os/as asesores/as fagan traballos burocráticos, que lles deben corresponder ao persoal administrativo. Se é necesario cómpre dotar algúns centros con máis de un.

-         Dotación de todos os perfís de asesores en todos os CFRs.

-         Creación de máis prazas.

-         Seguimos manifestando que non nos parece adecuado a desaparición de 6 extensións (Betanzos, Pontedeume, Melide, Carballiño, A Estrada, e Ponteareas).

-         Ten que crearse o ámbito de Ensinanzas Especiais e o ámbito de Normalización Lingüística.

-         Debe desaparecer o ámbito de Lingua Galega e Castelá por innecesario ao existir os ámbitos de  Lingua Galega e o ámbito de Lingua Castelá.

-         Crear o ámbito de Educación Infantil separado do de Educación Primaria.

-         Eliminar o ámbito de Educación Física e Educación Artística.

-         Todas as seccións dos CFRs terán prazas de asesores de TIC.

-         Que no proxecto se estabelezan medidas para a normalización da materia que se aseosora, considerando que pode ou vai ser impartida en galego.

-         Estabelecer que as persoas que, unha vez superados os seis anos máximos nestas prazas, non se poida volver solicitar até dous anos despois.

-         Incluír formación en normalización e sociolingüística no programa de formación.

-         Explicitar os criterios para realizar a avaliación das asesores e asesores e que se elimine a posibilidade de recabar outros informes sobre os que non se especifica a quen.

-         Reducir a puntuación do proxecto.

Desde a CIG-Ensino trasladamos a nosa queixa porque nas comisións do ano pasado non se fixou o tempo suficiente para revisar os proxectos.

Resposta da Administración:

Recóllense moitas cousas do ano pasado. Para acceder a asesor exíxese un mínimo de experiencia previa (non é razoable baixar dos 5 anos). Non se pretende suprimir a entrevista, só é para casos de dúbidas. Os servizos como interino xa están inclúidos coa referencia da Lei 70/1978 (recoñecemento dos servizos prestados). As prazas son as vacantes doutros anos. O proxecto de traballo non se pode baixar a 6 puntos. Os postos, se quedan vacantes, non poden quedar interinamente. Revisarán o de baixar o requisito da antiguidade de5 a 3 anos.

Prazas sometidas a convenio ou a programas específicos

Nesta Mesa tamén se trataron a oferta de prazas sometidas a convenio. A CIG-Ensino manifestou que o lóxico sería que estes convenios fosen con estidades públicas dependentes da Administración. Aquí aparece algunha entidade privada, preguntamos se non hai outras entidades que teñan solicitado convenio coa Consellaría, como MRPs e que teñan ofertado a posibilidade de realizar determinados traballos para Educación.

Propostas da CIG

Art. 5. Incluír profesorado por sorteo na comisión de selección.

Art. 6. Estabelcer que o prazo sexa de 10 días hábiles. Eliminar a entrevista. Especificar como se demostran os requisitos estabelecidos en cada praza. Estipular o pagamento dos desprazamentos para as prazas itinerantes (lembramos que está pendente a negociación deste tema), pois hai varias prazas que exixen vehículo propio.

Art. 8. Suprimir o requisito de puntuación mínima. Que se expliciten os criterios que se van utilizar para a avaliación dos proxectos.

Art. 12. Prazo máximo excesivo para o desenvolvemento do cargo, en todo caso como nas asesorías: 3 renovábeis por outros tres.

Anexo I:

Posto 1º: non aparece como requisito que sexa mestre especialista en infantil.

Posto 2º: Como se demostran os requisitos que se piden?

Posto 3º: experiencia en educación especial? Pódese probar. Coñecementos sobre autismo? Como?

Posto 4º erro? Para un posto de deporte pídese linguaxe de signos?

Posto 7º. Debería pedirse coñecemento de “braille”.

Anexo II:

Ap. 1. Computar tamén o tempo de servizos como interino.

Ap. 3. e 4. Especificar a obxectivización destes apartados (canto por hora ou obra...)

Ap. 5. eliminar puntuación mínima.

Ap. 6: eliminar a entevista.

Resposta da Consellaría:

Pasarán a inquedanza sobre os convenios á Dirección Xeral. Aceptan ampliar o prazo a un mes. Especificarán as condicións dos proxectos. Prazas de veículo próprio:  aboaranse os desprazamentos. É certo que ten que vir á Mesa a negociación dos itinerantes.

 

Premer aquí para consultar a convocatoria

 

Anuncio polo que se comunica a apertura do prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia

Na Mesa Sectorial de 21 de marzo de 2007 debateuse esta norma.

A CIG-Ensino manifestou o seguinte:

 Consideramos, e así o manifestamos o pasado ano, que estas prazas deben ter todas elas perfil lingüístico, pois nesta escola vanse formar os nosos actores e actrices, profesionais que van ter como ferramenta de traballo o idioma, moitas veces ou maioritariamente o idioma galego, e precisan de profesorado que os forme axeitadamente, no coñecemento semántico, fonético e na prosodia, para que no futuro sexa o seu un idioma natural e propiamente galego. Por este motivo a primeira alegación que facemos ao articulado refírese ao artigo 5º, ao entendermos que debe especificarse que estes docentes deberán desenvolver o seu labor empregando o noso idioma. De acordo com isto 2 anos para facerse co requisito parécenos moito tempo.

Propostas:

  • Eliminar a titulación de filosofía como requerida para a especialidade de Teoría teatral.
  • Que se recollan os mesmos requisitos que se estabelecen para o acceso á función pública.
  • Adaptar ao baremo estabelecido para o acceso á función pública.
  • Puntuar só a antiguidade en centros públicos. En todo caso que se estabeleza unha puntuación menor para o tempo traballado en centros privados.
  • Que non se recolla a puntuación de grao e postgrao.
  • Estabelécese moita puntuación polo título de doutor (máis ca noutros baremos), reducir á metade, ademais xa se puntúa a suficiencia investigadora (requisito para o doutorado).
  • 2.2.4. Estabelécese tamén unha puntuación moi alta para este apartado: igualar com outros baremos.
  • 2.4. Non se estabelecen máximos na puntuación por actividades de formación e se valoran igual os cursos recibidos cós impartidos. Diferenciar.
  • 3.2. Puntuar os libros publicados relacionados coa disciplina, non obras de creación. Estabelecer a puntuación obxectivamente.
  • Eliminar puntuación polo desenvolvemento de postos na administración.
  • 4.2. Estabelecer como se realiza a acreditación da puntuación por participar em espectáculos teatraos: mediante programas das representacións.
  • 4.3. Estabelecer que a acreditación pola organización de actividades debe facerse mediante certificación acreditativa.
  • Eliminar a presentación do proxecto. Non ten sentido ter que presentar un proxecto para formar parte dun listado de interinidades.

Resposta da Consellaría:

Analizarán as propostas e revisarán os anuncios. Titulación de filosofía revisarán. Porán as titulacións equivalentes. Revisarán globalmente o baremo. Hai que ter en conta que será un profesorado que expedirá titulacións universtarias, por iso a razón dalgúns dos requisitos (doutor, ...) Prazo: pode ampliarse a 30 días. Especificar a acreditación dos distintos apartados. Profesorado interino e sustituto das listas antigas manterase.

 

Premer aquí: para ver a convocatoria

Volver