Datas Concurso Xeral de Traslados

Xa podedes presentar reclamacións ao voso baremo

Postos en contacto coa administración adiántanos que barallan como data tope para a publicación do Concurso o 18 de marzo, desde a CIG Ensino insistímoslle á administración na necesidade de que esta publicación se adiantase o máximo posíbel para que o período de reclamacións e renuncias (10 días naturais contados desde o día seguinte da súa publicación na páxina web) non coincidise coas vacacións de semana santa.

A día de hoxe xa podedes consultar na aplicación do Concurso Xeral de Traslados (http://www.edu.xunta.es/cxt) as instancias coas peticións e baremo do persoal participante no CXT.

Así mesmo recordámosvos que xa desde este mesmo momento podedes presentar reclamacións ao voso baremo.

Estas reclamacións presentaranse polos procedementos a que alude a base vixésimo primeira, e dicir, por rexistro, independentemente de que se fagan tamén por outros medios (persoal.primaria@edu.xunta.es ou persoal.secundaria@edu.xunta.es)

Para rematar recordar que as persoas que desexen renunciar á súa participación no concurso deberán realizar a renuncia aínda no suposto de que non obtivesen destino cando se faga pública a resolución provisional, xa que, de non facelo, poderán obter destino na resolución definitiva.  

Volver