Creación de postos de traballo coa OPE 2020: CERO
O Presidente da Xunta de Galiza, o señor Feijóo, volve mostrar un total desprezo polas traballadoras e a súa representación sindical
A CIG Ensino fará unha valoración máis pormenorizada desta oferta o día que se presente na mesa sectorial pero adianta que esta oferta non crea un só posto de traballo, que é un ataque directo ás traballadoras do ensino público galego apoiado no acordo coas organizacións sindicais estatais.
Cabe recordar que por segundo ano consecutivo nos orzamentos da Xunta de Galiza vese reducido o número de docentes, e que con esta convocatoria non se dá un xiro a esta situación.
Só 2.036 prazas de oposición
Esta convocatoria faise sen antes atender á demanda da CIG Ensino de facer un estudo das xubilacións posíbeis nos próximos anos así como a incidencia da convocatoria das oposicións para o persoal interino, xa que non podemos esquecer que é o Partido Popular quen durante décadas non convocou especialidades das que agora presume convocar obviando que detrás destas prazas hai compañeiras e compañeiros que ven en perigo o seu sustento económico despois que durante anos se lles negase o acceso á función pública.
Especialidades das que se anuncia oposición
- Mestres
1. Educación infantil
2. Lingua estranxeira: inglés
3. Lingua estranxeira: francés
4. Educación física
5. Música
6. Pedagoxía terapéutica
7. Audición e linguaxe
8. Educación primaria
- Secundaria
1. Filosofía
2. Grego
3. Latín
4. Lingua castelá e literatura
5. Xeografía e historia
6. Matemáticas
7. Física e química
8. Bioloxía e xeoloxía
9. Debuxo
10. Francés
11. Inglés
12. Educación física
13. Orientación educativa
14. Tecnoloxía
15. Lingua galega e literatura
16. Economía
17. Administración de empresas
18. Análise e química industrial
19. Asesoría e procesos de imaxe persoal
20. Formación e orientación laboral
21. Hostalaría e turismo
22. Informática
23. Navegación e instalacións mariñas
24. Organización e xestión comercial
25. Organización e procesos de mantemento de vehículos
26. Organización e proxectos de fabricación mecánica
27. Organización e proxectos de sistemas enerxéticos
28. Procesos na industria alimentaria
29. Procesos diagnósticos clínicos e produtos ortoprotésicos
30. Procesos sanitarios
31. Procesos e medios de comunicación
32. Procesos e produtos de téxtil, confección e pel
33. Procesos e produtos en artes gráficas
34. Procesos e produtos en madeira e moble
- Formación Profesional
1. Cociña e pastelaría
2. Equipos electrónicos
3. Estética
4. Fabricación e instalación de carpintería e moble
5. Instalacións e mantemento de equipos térmicos e fluídos
6. Instalacións electrotécnicas
7. Laboratorio
8. Mantemento de vehículos
9. Máquinas, servizos e produción
10. Mecanizado e mantemento de máquinas
11. Operacións e equipamentos de elaboración de produtos alimentarios
12. Operacións de produción agraria
13. Patronaxe e confección
14. Peiteado
15. Procedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésico
16. Procedementos sanitarios e asistenciais
17. Procesos comerciais
18. Procesos de xestión administrativa
19. Produción de artes gráficas
20. Servizos á comunidade
21. Servizos de restauración
22. Sistemas e aplicacións informáticas
23. Soldadura
24. Técnicas e procedementos de imaxe e son
- Especialidades EOI
1. Alemán (oposición libre)
2. Inglés (libre e acceso A1- A1)
3. Francés (acceso A1- A1)
- Especialidades Música e Artes Escénicas
1. Acordeón
2. Clarinete
3. Fagot
4. Gaita
5. Óboe
6. Saxofón
7. Trompa
8. Tuba
9. Viola
10. Violonchelo
11. Danza clásica
12. Danza contemporánea
13. Linguaxe musical
- Especialidades de Artes Plásticas e Deseño
1. Debuxo artístico e de cor
2. Deseño de interiores
3. Deseño de moda
4. Deseño gráfico
5. Fotografía
6. Volume
Unha pequena análise das cifras.
Como podedes ver nas imaxes que preceden a estas liñas do total de prazas 1.300 son do concurso de cátedras e 318 de promoción interna.
AS 1.300 prazas do concurso de cátedras non supoñen que haxa novo profesorado que se achega á función pública, senón que compañeiras do corpo A1 verán aumentados os seus emolumentos a través dun concurso.
E canto ás 318 de promoción interna convocatoria tras convocatoria vimos denunciando que quedan desertas na súa maioría.
Cunha sinxela operación chegamos a que só se convocan 2.036 prazas que non crean un só posto de traballo senón que son prazas ocupadas por persoal interino. Este persoal verá o seu posto de traballo en perigo por un afán electoralista de convocar oposicións sen facer a máis mínima análise da situación do ensino público galego e despois de levar anos bloqueando o acceso á función pública deste colectivo.