Convocatoria para o recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral

Por un convenio de ámbito galego que garanta a continuidade e calidade do servizo e mellore as condicións de traballo do persoal

Como xa temos informado con anterioridade, xa se constituíu a Mesa Negociadora do XIV Convenio Colectivo de ámbito estatal, que desenvolverá as reunións a partir do día 14 de decembro. En base á experiencia das negociacións anteriores, e co precedente recente da sinatura o pasado día 29 de outubro do “Acordo de Sostenibilidade do Sector” por parte das patronais máis importantes, e as organizacións sindicais CCOO e UGT (que fala de contención salarial, flexibilidade funcional e da mobilidade, eliminación do complemento de antigüidade e creación doutro ligado aos “méritos”, acordos concretos dentro da empresa, etc.), xa se pode sospeitar que, unha vez máis, ese marco de negociación, rematará coma os outros, é dicir, coa perda de dereitos e empeoramento das xa de por si precarias condicións que se recollen no texto actual. Desta vez, ademais, está o argumento da crise como disculpa para que paguen as súas consecuencias os/as de sempre, os/as traballadores/as e, en consecuencia o propio servizo e os seus usuarios.

Ligazón

Volver