
Convocado o Consello Galego de FP para o luns 22 de xuño
Na Orde do día están os borradores da oferta formativa de FP nos réximes ordinario e modular para o vindeiro curso e o desestimento da realización das probas de avaliación en competencias clave para os certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3
A reunión da Comisión Permanente do CGFP está prevista para as 12:30 horas do vindeiro luns.
Podes enviarnos calquera achega, coma sempre, aos textos que se van debater ao correo galiza@cig-ensino.gal.
ORDE DO DÍA:
- Lectura e aprobación se procede, da acta nº 111 da sesión anterior de data 13 de febreiro de 2020.
- Borrador da Orde do ... de xuño de 2020 pola que se actualiza a oferta de formación profesional do sistema educativo, polo réxime ordinario, en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2020-2021. Ligazón.
- Borrador da Orde do ….. de xuño de 2020 pola que se actualiza a oferta modular polo réxime de persoas adultas, nas modalidades presencial, semipresencial e a distancia de ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano académico 2020-2021. Ligazón.
- Borrador da resolución do xx de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral pola que se deixa sen efecto a Resolución do 13 de febreiro de 2020 pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación. Ligazón.
- Rogos e preguntas.