
Convocadas as oposicións do ensino público
A CIG-Ensino cualifica esta convocatoria de insuficiente para atender as necesidades do ensino público.
O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día 18 de abril e rematará o 9 de maio de 2017.
Este prazo xa inclúe os dous días de traballos de mellora no sistema informático desta consellería, que se anunciarán coa debida antelación a través dos seguintes enderezos electrónicos:
http://www.edu.xunta.es/portal
http://www.edu.xunta.es/oposicions
Convócanse procedementos selectivos, mediante o sistema de concurso-oposición, para cubrir 540 prazas no corpo de profesores de ensino secundario, 23 prazas no corpo de profesores de música e artes escénicas, 80 prazas no corpo de profesores técnicos de formación profesional e 400 prazas no corpo de mestres, situadas no ámbito de xestión da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
A CIG-Ensino cualifica esta convocatoria de insuficiente para atender as necesidades do ensino público.