Información das mesas sectoriais do 7 e 14 de marzo

Addenda Persoal Interino. Ordenación e currículo de EI, EP, ESO e Bacharelato. Piale para o curso 2023

Convocadas asembleas informativas abertas a todo o persoal interino e substituto para o xoves 9 de marzo

Calquera dúbida, calquera pregunta... non o dubides acode ás asembleas abertas convocadas pola CIG-Ensino para o xoves 9 de marzo, ver horas e lugares no cartaz anexo.

Modificación addenda persoal interino e substituto. 7 de marzo.

Proxecto de Addenda ao Acordo de 20 de xuño de 1995, polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente da consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, adaptado a Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público. Ligazón.

Actualización do acordo de condicións de traballo do persoal docente interino e substituto. A CIG-Ensino puxo o foco no profesorado interino fronte a un documento pensado en beneficiar á propia administración. Ligazón
Programa Integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE). 14 de marzo.

Ligazón ao borrador.

Ligazón ao CIG-Informa sobre a negociación do PIALE.

Anteproxectos que modifican os decretos de ordenación e os currículos de secundaria e bacharelato. 14 de marzo.

Ligazón ao CIG-Informa da negociación das Ordes e modificación dos Decretos.

Anteproxecto do Decreto polo que se modifica o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia. Ligazón

Anteproxecto do Decreto polo que se modifica o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. Ligazón

Proxectos de orde polas que se desenvolven os seguintes decretos. 14 de marzo.

Ligazón ao CIG-Informa da negociación das Ordes e modificación dos Decretos.

Proxecto de Orde pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil. Ligazón

Proxecto de Orde pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación primaria. Ligazón

Proxecto de Orde pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria. Ligazón

Proxecto de Orde pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo de bacharelato. Ligazón

Rogos e preguntas. 7 de marzo.

Ligazón ao CIG-Informa dos varios da mesa do 7 de marzo.

Galiza quédase soa canda Murcia e Madrid coa negativa a negociar a recuperación dos horario lectivo do profesorado. Tres son as comunidades que neste momento manteñen os horarios ampliados a 20 sesións nos corpos de secundaria e 25 no corpo de mestres e mestras. A Xunta mantense así na mesma liña que o propio PP, xunto con VOX, impón nesas dúas comunidades. Ao tempo, moitas comunidades negociaron ou anunciaron medidas para reducir as ratios. Estes dous aspectos son os fundamentais nas reclamación do persoal docente galego e a CIG-Ensino exixe un cambio de rumbo da Consellaría e a apertura de negociacións para facer efectiva a recuperación dos nosos horarios para o curso 2023/24.

A Consellaría non contesta.

Todo o profesorado de FP debe ter os mesmos dereitos. Ligazón

Contra a vergoña de non negociar un plan de Igualdade para o persoal docente. Que unha administración teña a obriga legal de negociar un plan de igualdade desde 2007 e se negue a facelo é un insulto a todo o profesorado e unha negación da necesidade de acometer medidas que preveñan o acoso e procuren a igualdade entre mulleres e homes. Non se pode admitir a escusa de que se agarda por un plan xeral da Xunta porque: 1) non nos afecta como profesorado e 2) o SERGAS xa negociou o seu propio plan.

Seguen argumentando que esperan polo plan xeral da Xunta para tomalo como referencia nas futuras  negociacións.

Información pública das puntuacións de anteriores oposicións. A Consellaría comunicou hai xa tempo nesta Mesa que se eliminara información das puntuacións por denuncias relacionadas coa lei de protección de datos. Neste momento, no que estamos ás portas da publicación das listaxes do proceso extraordinario de estabilización, consideramos que, por transparencia, debe poder accederse a esta información no caso das persoas que participan no proceso.

Manteñen que non poden facelas públicas pola Lei de Protección de datos.

A Consellaría non paga os atrasos que ten co profesorado. Nin o pago completo das dietas por formar parte dos tribunais nin o que corresponde a quen participou na acreditación e recoñecemento de competencias na FP ou nas mesas das eleccións sindicais. Estamos no mes de marzo e aínda deben cartos. Que paguen xa o que deben.

A Consellaría comunica que hoxe mesmo realizaron o pagamento das persoas que foron membros de tribunais e das mesas das eleccións sindicais.

Criticamos o engano coas licenzas por formación e insistimos na falta de iniciativa por parte da Consellaría para xestionar licenzas para profesorado afectado por procesos de integración, como no caso da FP. Logo de anunciar que se trataba dun problema con Facenda e que procurarían ofertalas nesta segunda metade do curso, non hai nada. En que pensan gastar o orzamento que se aforran non convocándoas? Por que dous anos despois de termos demandado licenzas por estudos para profesorado de FP para poder acadar titulación de Grao non moveron nin un dedo?

O director xeral informa de que están pendentes de dous informes e que contan levar a convocatoria á mesa inminentemente.

Fondos destinados ao Plan Acompaña. Pedimos expresamente que se entregue información á Mesa Sectorial do total do orzamento anunciado para este plan (2,25 millóns de euros) que se destina á contratación de 105 docentes de PT e AL. Na resposta que a Dirección Xeral de ordenación remitiu á CIG-Ensino non se especifica e a nós non nos dan as contas.

A Consellaría non responde.

Nomeamentos sen control. Existen máis de 100 docentes que foron destinadas a postos para os que correspondía unha convocatoria pública (CAFI, CFR, EOE, asesoría, entre outros). Hai unha absoluta falta de transparencia por parte da Administración. Debe facer pública calquera adxudicación temporal de prazas e debe xustificarse. Todas elas deben ser ofertadas para o curso que vén mediante concurso público e contar con control sindical.

Non dan información. Traerán á mesa as respectivas convocatorias para publicalas despois da resolución definitiva do CXT. 

Axudas por formación. Denunciamos o bloqueo na convocatoria da Orde que regula as axudas de reintegro por gastos de formación que, desde o ano 2019, non se volveu publicar e exiximos que se convoque no que queda de curso. Engadir convocatoria da comisión de formación?

A Consellería non responde.

Recoñecemento de funcións docentes e responsabilidades. Non pensamos deixar de denunciar a desidia da Consellaría co recoñecemento de funcións como coordinacións de igualdade, a nova de benestar, bibliotecas etc, así como xefaturas de departamento de ámbitos na FP Básica, de segundas linguas estranxeiras... Non se precisa ningunha modificación no ROC. Hai comunidades que xa recoñeceron as mesmas funcións ou outras análogas en ordes e resolucións. Exiximos que se traia á Mesa canto antes unha norma.

A Consellaría non responde.

Datas das Xornadas do Plan B. Segundo os datos que nos trasladaron algúns centros coincidirán co último día do trimestre, día que nos centros hai moitísimo traballo, entre outras cousas a entrega de notas, e os equipos directivos e coordinadoras de bibliotecas non estarían nos centros.

A Consellaría non responde.

Novidades na tramitación de baixas médicas. Tras os cambios legais na tramitación de baixas médicas para o persoal do réxime xeral, demandamos da Consellaría que elabore unha Circular informativa que remita a todo o profesorado indicando como queda agora, en función do colectivo ao que se pertenza.

Seguen analizando como van xestionar a comunicación das baixas aos centros.

Publicacións das renuncias do CXT. A día de hoxe non aparecen as renuncias ao CXT nas instancias persoais, a pesar de que hai moita xente que xa renunciou. Todos os anos até agora ían aparecendo a medida que o ían facendo. Solicitamos que se faga como viña sendo habitual.

A Consellaría comunica que lle está dando prioridade a resolver as reclamacións individuais e que nos vindeiros días comezarán a tramitar as renuncias.

Rogos e preguntas. 14 de marzo.

Burocracia, Formación Profesional e Calidade. Envíase unha fonte determinada (xunta sans desk, otf) aos CIFP para instalar nos ordenadores e usala en toda a documentación para o vindeiro curso. A isto chegamos coa burocracia nos programas de calidade na FP. 

Para a administración é algo normal, non ve problema algún.

Volver