Información da mesa sectorial da Oferta Pública de Emprego do PTFP
Oferta de emprego de PTFP e varios
Orde do día.
1.- OPE do corpo de PTFP
Proxecto de decreto /2020, do .... de decembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario do corpo de profesores técnicos de formación profesional. Ligazón
Ligazón ao CIG Informa da OPE do corpo de PTFP
Oferta de emprego.
especialidade |
prof. interino 20/21 |
prof. interino 19/20 |
prazas oposicións 2020 |
nova oferta 2021 |
prazas totais |
acceso con titulación FP |
591201-Cociña e pastelaría |
23 |
25 |
18 |
8 |
26 |
x |
591202-Equipos electrónicos |
47 |
40 |
28 |
14 |
42 |
|
591203-Estética |
24 |
19 |
14 |
10 |
24 |
x |
591204-Fabricación e instalación de carpintería e moble |
25 |
17 |
13 |
12 |
25 |
x |
591205-Instalacións e mantemento de equipos térmicos e de fluidos |
17 |
14 |
10 |
6 |
16 |
|
591206-Instalacións electrotécnicas |
29 |
20 |
8 |
16 |
24 |
|
591208-Laboratorio |
20 |
16 |
8 |
4 |
12 |
|
591209-Mantemento de vehículos |
54 |
37 |
20 |
30 |
50 |
x |
591210-Máquinas, servizos e produción |
7 |
9 |
4 |
1 |
5 |
|
591211-Mecanizado e mantemento de máquinas |
19 |
17 |
8 |
10 |
18 |
x |
591214-Operacións e equipos de elaboración de produtos alimentarios |
24 |
20 |
12 |
8 |
20 |
|
591216-Operacións de produción agraria |
19 |
17 |
8 |
8 |
16 |
|
591217-Patronaxe e confección |
20 |
19 |
13 |
5 |
18 |
x |
591218-Peiteado |
20 |
14 |
7 |
16 |
23 |
x |
591219-Procedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésico |
20 |
12 |
8 |
8 |
16 |
|
591220-Procedementos sanitarios e asistenciais |
38 |
28 |
20 |
12 |
32 |
|
591221-Procesos comerciais |
37 |
24 |
12 |
12 |
24 |
|
591222-Procesos de xestión administrativa |
67 |
49 |
28 |
20 |
48 |
|
591223-Produción de artes gráficas |
19 |
19 |
14 |
2 |
16 |
x |
591225-Servizos á comunidade |
69* |
36 |
26 |
7 |
33 |
|
591226-Servizos de restauración |
16 |
16 |
10 |
7 |
17 |
x |
591227-Sistemas e aplicacións informáticas |
63 |
49 |
38 |
17 |
55 |
|
591228-Soldadura |
21 |
20 |
16 |
4 |
20 |
x |
591229-Técnicas e procedementos de imaxe e son |
29 |
27 |
20 |
3 |
23 |
|
|
737 |
572 |
363 |
240 |
603 |
|
* Nesta cifra están incluídas as prazas de prácticas e actividades nos CREDO.
Outros datos entregados pola Consellaría na propia mesa
Persoal funcionario de carreira do corpo de PTFP: 1.395
- 404 con titulación de grao ou equivalente no acceso á función pública (licenciatura, enxeñería ou arquitectura).
- 991 sen titulación de grao ou equivalente no acceso á función pública (inclúe titulacións de diplomatura, enxeñaría técnica, arquitectura técnica ou títulos superiores de FP).
Persoal funcionario interino: 828
- 376 con titulación de grao ou equivalente no acceso á función pública.
- 452 sen titulación de grao ou equivalente no acceso á función pública.
A consellaría indica que os datos do persoal interino son 100% seguros ao se tirar dos datos de titulación que presentan nas oposicións.
Ligazón ao documento cos datos por especialidades
Aclaracións á dobre convocatoria
A consellaría aclara que a xente xa matriculada verá actualizados os seus méritos de cara ás oposicións tendo como data a nova convocatoria, sen ter o persoal opositor que volverse matricular.
Podedes ler toda a información sobre esta oferta e a situación do profesorado técnico de FP nas seguintes ligazóns:
2.- Rogos e preguntas
Ligazón ao CIG Informa con todos os varios.
A CIG-Ensino pide explicacións sobre a contratación de profesionais para estudar reformas nos IES para ampliar aulas e reducir grupos e profesorado no curso 2020/21
Como denunciou a CIG-Ensino, estanse producindo visitas a centros educativos da provincia da Coruña por parte de persoal técnico dunha empresa privada por encomenda da Xunta. Fano en nome da Xefatura Territorial de Educación para ver como tirar paredes e facer aulas máis grandes de cara ao curso que vén. Estas visitas, segundo a información da que dispomos neste momento, estarían previstas para todos os centros de secundaria e de momento na provincia da Coruña aínda que se estendería a todo o país.
O cometido desta empresa é presentarlle propostas á Xunta para acondicionar os centros de cara ao próximo curso e así eliminar os actuais desdobres. Así, por exemplo, mediante a eliminación de tabiques fixos e a colocación de tabiques móbiles acústicos, que supostamente limitarían que pasen ruídos dunha aula a outra, se conseguiría unha redución de aulas e docentes que nalgúns centros podería ser moi relevante.
A directriz que terían recibido estes profesionais dunha empresa privada é que as propostas partan da matrícula actual e das distancias de seguridade vixentes (lembremos que despois de aplicar o metro e medio o novo equipo da Consellaría obrigou a ter con conta a colocación de mamparas con unicamente un metro de distancia entre as cabezas do alumnado) para así pode executar as reformas necesarias antes do comezo do curso escolar 2020/21 e reducir o “gasto” en profesorado.
A CIG-Ensino considera esta medida como un novo paso atrás. Para o sindicato as medidas a tomar, sempre coas cautelas sanitarias e de protección da saúde por diante, deben reforzar os grupos reducidos, e sen que en ningún caso empeore a situación actual.
O Director Xeral afirma descoñecer esta información e limítase a facer referencia ao "cumprimento das ratios legais”.
Interrupción de contrato de persoal que cobre un permiso de parto interrompido no Nadal
Temos constancia dun escrito a persoal substituto para cancelar o contrato en decembro por reincorporación da titular e vinculalo forzosamente ao mesmo posto en xaneiro cando a docente reinicie o permiso.
A CIG-Ensino xa trouxo un tema similar o curso pasado e naquel momento a Consellaría aceptou a nosa proposta de que a persoa que substitúa teña preferencia para continuar nese destino mais que en todo caso debe ser opcional por parte dela, xa que na vacacións de Nadal se poden producir xubilacións que xeren contratos de interinidade e, ao ser unha mellora sobre o contrato suspendido, debe ser a persoa substituto quen opte, e non agora, senón en xaneiro.
A administración ten claro que é un dereito non un deber e así llo indicarán ás Xefaturas Territoriais.
Incompatibilidade e persoal substituto
Cada vez que toman posesión teñen que pedir a compatibilidade, hai que darlles unha solución máis acaida. O lóxico é que se unha persoa pide a compatibilidade nun primeiro contrato só teña que confirmar nos sucesivos se vai manter a compatibilidade coas mesmas condicións.
A administración di que depende de Función Pública pero non ve viábel a nosa proposta e que é necesario presentar en cada toma de posesión documentación xustificativa (entre outros os horarios na outra actividade laboral)
Queixa pola actuación do Inspector Xefe da Coruña
Desde a Inspección da Coruña convócase á Xunta de Persoal a unha reunión virtual para negociar ás vacantes do Concurso Xeral de Traslados. A Xunta de Persoal comunicou que esa reunión ten que ser presencial e a día de hoxe seguimos sen convocatoria de reunión. Hoxe enviouse comunicado unitario de todas as organizacións sindicais. As reunións deben ser presenciais. Non é de recibo que o profesorado estea nas aulas e que o Xefe de Inspección pretenda facer unha reunión virtual. Hai que dar exemplo. Esta Mesa Sectorial é un bo exemplo. A Dirección Xeral tamén quixo inicialmente que fose virtual e rectificou.
Tamén solicitamos que se cumpra a obrigatoriedade de reunirse coa representación sindical por parte do xefe territorial, que así se lle indique desde os servizos centrais.
Trasladarán este tema á Xefatura de Inspección da Coruña.
Nomeamentos para substitucións
Que se aplique na súa integridade a todos os chamamentos de substitución e non só aos chamamentos para interinidade o apartado 16.3 do Acordo polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente desta consellería que imparte ensinanzas distintas das universitarias.
A aquelas persoas que non poidan tomar posesión por encontrarse de baixa por enfermidade reservaráselles o posto ata que se encontren en situación de alta, e nomearase mentres outro profesor substituto. No caso de permiso de parto ou maternidade, paternidade e adopción ou acollemento será de aplicación, ademais, o establecido no punto sexto deste acordo.
Din que non pretenden cambiar o criterio e alegan que iso implica un problema de xestión e un incremento de cambios de docentes para o alumnado.
Queixas das direccións sobre a información e xestión dos casos COVID nos centros educativos
Solicitamos, por enésima vez, que se mellore a comunicación entre persoal das Consellarías de Educación e Sanidade, nomeadamente que a comunicación sexa bidireccional, que os centros teñan información da evolución dos contactos estreitos, saber se a PCR foi positiva ou non, saber se van ter segunda PCR, para poder facer plans de actuacións para eses rapaces.
Reclamamos tamén unha uniformidade de criterios, non pode haber diferentes formas de actuar segundo quen sexa a rastrexadora que colla o teléfono. E o colme é que haxa rastrexadores que están comunicando ás familias que son os centros educativos quen decide cando volven a clase os contactos directos dun positivo ou posíbel positivo.
Din que é unha responsabilidade da administración sanitaria e que trasladarán as nosas queixas para que mellore a xestión e a información. Afirman ser conscientes dos problemas, mais tampouco se implican máis alá na solución a estes problemas.
Pedimos explicacións sobre a supresión do Servizo de Prevención de Riscos Laborais na estrutura da Consellaría
Non se pode entender que no Decreto no que se regula a estrutura orgánica da Consellaría desapareza a xefatura de servizo, e por tanto o servizo en si, de riscos laborais e que se dilúan entre diferentes departamentos.
Para sorpresa nosa tanto o Director Xeral como o Subdirector recoñeceron que non tiveron coñecemento da supresión do servizo até a publicación no DOG e a que como CIG-Ensino denunciaramos esa decisión.
Execución forzosa da sentenza do enchufe na Escola de Restauración de Bens Culturais de Pontevedra
O xulgado vén de esixir a execución forzosa da sentenza gañada pola CIG-Ensino pola que se anulou un enchufe á actual directora do MUPEGA e familiar dunha alto cargo do PP na Xunta nese centro. A CIG-Ensino xa advirte que non aceptará que a esta persoa se lle recoñeza un dereito preferente á localidade xa que isto implicaría, de feito, sortear e vulnerar a propia sentenza. Esta persoa ten o seu destino definitivo en Asturias e nunha especialidade que non se imparte en Galiza.
Afirman que analizarán o escrito do xulgado e executarán conforme á lei.
Departamentos de Portugués
Unha vez que a administración deu marcha atrás na supresión do departamento de Portugués no IES San Paio de Tui, solicitamos a mesma actuación en todos nos IES nos que se imparte Portugués ou outro idioma como segunda lingua estranxeira. Lembramos que a CIG-Ensino xa denunciou a negativa a recoñecer este departamento no IES Barral de Ponteareas no curso pasado. Queremos que se aprobe unha resolución que permita a creación destes departamentos e a posterior modificación do ROC.
Non van facer cambios mentres non se cambie o ROC dos IES. Néganse a chegar a un acordo na Mesa para aplicar esta mellora aos centros nos que se imparte Portugués.
Dotación de persoal para o AVA
A Consellaría informa que sen vai dotar o profesorado dos grupos de Atención Virtual do Alumnado (AVA) mediante unha comisión de servizos a dedo.
Alegan motivos de urxencia, a CIG Ensino nega tal urxencia e solicita a apertura de listas.
Dotación de persoal administrativo para axuda na xestión dos comedores de xestión directa
O traballo das encargadas de comedor acapara moito tempo, máis aínda neste momento, polo tanto desde a CIG-Ensino reclamamos que se incremente persoal nos centros educativos nos que faga falta.
Non contestaron a esta pregunta ao alegar que non é tema da Mesa Sectorial.
Aprazamento do comezo das aulas despois do Nadal
A Consellaría di estar valorando, vendo a posición unitaria das organizacións sindicais, retrasar a volta as aulas ao 11 de xaneiro.