Convocada a Mesa Sectorial Docente do Concurso Xeral de Traslados
Nova data: mércores 29 de outubro
A CIG-Ensino considera totalmente inadmisíbel que se fixe unha mesa sectorial nun día festivo, cando desde a, CIG-Ensino xa nos diriximos á Consellaría de Educación o 29 de setembro, reclamando a convocatoria da mesa para tratar este tema.
A CIG-Ensino vaise dirixir ás outras organizacións sindicais co obxecto de mudar a data da Mesa.
A administración comunícanos, despois de terlle solicitado o cambio de data, que a nova data será o mércores 29.
Orde do día:
1 Orde de 2014 pola que se convoca concurso de traslados de ámbito estatal entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes, conversación e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación. Ligazón
2 Rogos e preguntas.