
Constitución da Mesa Sectorial de Universidades
Universidade
O venres, día 2 de febreiro, constituíuse, por fin, a Mesa de Universidades (achégase o documento asinado). A Mesa está composta por 30 membros, dos cales 15 corresponden á Consellaría e ás Universidades e os outros 15 á parte sindical, dos que 7 pertencen á CIG-Ensino. Será presidida polo Director Xeral de Ordenación e Calidade da SUG.
O texto que se asinou recolleu a proposta feita pola CIG-Ensino de engadir ao primeiro parágrafo de “materias obxecto de negociación”, o seguinte: “sen prexuízo das competencias en negociación que lle corresponden aos diferentes órganos de negociación de cada Universidade”
No acto de constitución acordouse:
Ø Achegarlle á Consellaría, no prazo máximo dunha semana, a proposta de temas a tratar co obxecto de estabelecer un temario para negociar.
Ø Fixar como primeira data da reunión da Mesa Sectorial o próximo 26 de febreiro, ás 11:30h.
A Cig-Ensino propuxo que un dos temas urxentes e primeiros en negociar tiña que ser a disposición adicional terceira do Convenio Colectivo do PDI que fai referencia á elaboración dun réxime específico para o persoal investigador. A Consellaría afirma que non se nega a ir tratando o tema e que a súa opinión é que se debe ter en conta a Normativa Estatal que se está elaborando neste sentido.