Consorcio: como sempre, seguimos á espera

Información da reunión mantida co Xerente do Consorcio

Nin na parte final da historia do Consorcio, previo á súa integración na Xunta de Galicia, conseguimos un pouco de claridade e de transparencia. Comezamos por ignorar a representación do persoal, aplicando parches sen consultarnos e rematamos con convocar ás organizacións sindicais nun “tótum revolútum” no que non se ten en conta a representación de cada unha das forzas sindicais.

Apertura das listaxes de agarda.

O Xerente confirma a sospeita que tiñamos e que xa vos anunciaramos de que non vai a abrir as listaxes de agarda á espera da integración, quere pasar a xestión das listas a función pública.

Mentres esta integración non se acada seguirá tirando de chamamentos ao Servizo Galego de Colocación.

Para a baremación das persoas que envía o Servizo Galego de Colocación contratouse unha asistencia técnica.

Por enésima vez denunciamos a xestión das listas e que non sexan públicas nin transparentes, solicitamos que se faga pública unha listaxe da situación actual das persoas das listas de agarda, o Xerente non é quen de comprometerse a esta publicación.

Adaptación das carteleiras ao V Convenio.

Denunciamos que non existiu negociación real, o Xerente alega que si telemática. A CIG non vai aceptar que tamén neste tema se ignore á representación sindical das traballadoras e traballadores polo que interporemos conflito colectivo.

Negociación da mobilidade interna do persoal.

Da largas e non confirma nada.

Compensación polos días 24 e 31.

A Circular da Xerencia de 25 de abril de 2016, que é unha adaptación da instrución 14.4 da Resolución de 24 de febreiro de 2016 da Función Pública, ten como finalidade compensar ao persoal do Consorcio con 2 días adicionais por caer 24 e 31 de decembro en sábado ou domingo.

A Xerencia do Consorcio a través de comunicacións varias denegou estes días ao persoal de centros de maiores, escolas infantís e CEMVI, en tanto o segue a manter para o persoal de Servizos Centrais, centros Querote e centros I+B (igual que fixo o Conselleiro de Política Social nos seus centros de atención directa).

Dende a CIG consideramos discriminatorio este trato, cando as necesidades de descanso e conciliación nos días de noiteboa e fin de ano son exactamente iguais para todo o persoal, e polo que interpoñemos conflito colectivo agardando que a Xustiza resolva en breve, unha vez máis, o que o Xerente denega e non negocia cos/as representantes dos/as traballadores/as. O único compromiso que acadamos é que as persoas que tiveran gozado dos días de compensación antes do 25 de abril de 2016 non terán que recuperar os días. 

A fin do consorcio fiel á súa historia

Nin na parte final da historia do Consorcio, previo á súa integración na Xunta de Galicia, conseguimos un pouco de claridade e de transparencia.

Comezamos por ignorar a representación do persoal, aplicando parches sen consultarnos e rematamos con convocar ás organizacións sindicais nun “tótum revolútum” no que non se ten en conta a representación de cada unha das forzas sindicais. 

Volver