Concurso Xeral de Traslados Secundaria 2018-2019

Toda a información e seguimento do CXT 2016-2017 de secundaria

Ligazón á páxina web de participación no CXT

Convocatoria.

ORDE do 15 de outubro de 2018 pola que se convoca concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación. Ligazón

Resolución Provisional.

Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se resolve provisionalmente o concurso de traslados

Resolución da adxudicación provisional de secundaria e outros

Listaxe de persoas excluídas secundaria

O prazo para reclamacións e renuncias é o comprendido entre o día 13 de marzo ata o 27 de marzo, ambos incluídos.

Igualmente, e no mesmo prazo, o persoal concursante poderá presentar renuncia a súa participación no concurso.

As persoas que desexen renunciar á súa participación no concurso deberán realizar a renuncia aínda no suposto de que non obtivesen destino na resolución provisional, xa que, de non facelo, poderían obter destino na resolución definitiva.

As ditas reclamacións e renuncias presentaranse polos procedementos aos que alude a base vixésimo segunda e, en todo caso, unha vez rexistradas, adiantaranse por correo electrónico a:  persoal.secundaria@edu.xunta.gal

Vacantes Provisionais.

Vacantes provisionais para o corpo 590. Profesoras Ensino Secundario.
Vacantes provisionais para o corpo 591. Profesoras Técnicas de Formación Profesional.
Vacantes provisionais para o corpo 592. Profesoras de Escolas Oficiais de Idiomas.
Vacantes provisionais para o corpo 593. Catedráticas de Música e Artes Escénicas.
Vacantes provisionais para o corpo 594. Profesores de Música e Artes Escénicas.
Vacantes provisionais para o corpo 595Profesores de Artes Plásticas e Deseño.
Vacantes provisionais para o corpo 596Mestras de Taller de Artes Plásticas e Deseño.
Vacantes provisionais para o corpo 555Inspectoras de Educación

Prazo previstos de publicación da resolución provisional.

Nas instrucións da Consellaría aparece como posíbel data o 20 de marzo para o corpo de mestres e 12 de marzo para os restantes corpos.

Publicación da baremación provisional e prazos de reclamación.

Desde 1 e  até o 20 de febreiro, pódense enviar as reclamacións que desexedes, podendo facelo a través do correo electrónico co fin de ir resolvéndoas xa antes da resolución provisional, pero recordade que o período legal de reclamacións é o posterior á publicación da resolución provisional, polo que se non vos atenderan a reclamación tedes que volvela a presentar nese momento, e aí xa por vía rexistro.

Os correos a onde hai que enviar este PDF son persoal.primaria@edu.xunta.es no caso de primaria e persoal.secundaria@edu.xunta.es no caso de secundaria.

  • Pasos a seguir para reclamar.
    1. Na opción Participación do menú poderá verse a instancia validada. No caso de querer facer reclamación deberase premer na ligazón "Reclamar baremo" da columna "Prazo reclamación baremo provisional" e abrirase unha nova xanela.

    2. Nesta nova xanela poderá redactarse en cada un dos apartados a reclamación que sexa necesaria.

    3. Cando se remate de redactar a reclamación hai que premer no botón "gardar" e a continuación no botón "volver".

    4. Na ligazón PDF Reclamacións da columna Prazo reclamación resolución provisional poderá xerar o informe coas reclamacións que será o que deberá presentar por correo electrónico, se se desexa.

Prazo de participación.

Desde o 6 ao 27 de novembro.

Instrucións da Consellaría.

PDF das instrucións da Consellaría para o Concurso.

Normativa estatal.

Orden EFP/1015/2018, de 1 de outubro, pola que se estabelecen as normas procedimentáis aplicábeis aos concursos de traslados de ámbito estatal, que deben convocarse durante o curso 2018/2019, para persoal funcionario dos Corpos docentes contemplados na Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, modificada pola Lei Orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa. Ligazón

Xubilacións.

Xubilacións da provincia de A Coruña: ligazón

Xubilacións da provincia de Lugo: ligazón

Xubilacións da provincia de Ourense: ligazón

Xubilacións da provincia de Pontevedra: ligazón

Vacantes.

Negociación das vacantes: ligazón

Vacantes da provincia de Lugo de PMAE, PEOI e PAPD: ligazón

CIG
As vacantes de PES e PTFP negociaranse nunha comisión técnica da mesa sectorial do ensino para a que aínda non hai data.
Non se coñecerán antes de rematar o prazo de presentación de instancias, malia telo demandado na Mesa Sectorial.

Negociación.

Información da mesa sectorial na que se negociou o CXT.

Volver