Concurso Xeral de Traslados Mestres 2018-2019

Toda a información e seguimento do CXT 2016-2017

Ligazón á páxina web de participación no CXT

Convocatoria.

ORDE do 15 de outubro de 2018 pola que se convoca concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación. Ligazón

Instrucións toma de posesión.

Instrucións para a toma de posesión do profesorado que obtivo un destino definitivo

Modelo I

Modelo II

Adxudicación definitiva.

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados entre persoal funcionario docente do corpo de mestres, convocado pola Orde do 15 de outubro de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 208, do 31 de outubro). Ligazón

Adxudicación ordenada por especialidades e, dentro destas, por puntuacións. Ligazón

Vacantes definitivas.

Resolución do 2 de maio de 2019: Vacantes definitivas

Vacantes definitivas para o corpo 597

Adxudicación provisional.

Resolución da adxudicación provisional de infantil e primaria

Listaxe da adxudicación provisional de infantil e primaria

Listaxe provisional de persoas participantes excluídas de infantil e primaria

O prazo para formular reclamacións e renuncias é o comprendido entre o día 21 de marzo e o 3 de abril ambos incluídos.

Igualmente, e no mesmo prazo, o persoal concursante poderá presentar renuncia a súa participación no concurso.

As persoas que desexen renunciar á súa participación no concurso deberán realizar a renuncia aínda no suposto de que non obtivesen destino na resolución provisional, xa que, de non facelo, poderían obter destino na resolución definitiva.

As ditas reclamacións e renuncias presentaranse polos procedementos aos que alude a base vixésimo segunda e, en todo caso, unha vez rexistradas, adiantaranse por correo electrónico a:  persoal.primaria@edu.xunta.gal

Nota importante para o persoal que participe tamén no concurso de orientación.

O persoal funcionario docente do corpo de mestres que estean participando simultaneamente en ambos concursos, e que obteña praza definitiva na xefatura do departamento de orientación, entenderase que renuncia á participación no concurso xeral.

Vacantes provisionais.

Resolución do 20 de febreiro de 2019: Vacantes provisionais

Vacantes provisionais para o corpo 597

Prazo previstos de publicación da resolución provisional.

Nas instrucións da Consellaría aparece como posíbel data o 20 de marzo para o corpo de mestres e 12 de marzo para os restantes corpos.

Publicación da baremación provisional e prazos de reclamación.

Desde 1 e  até o 20 de febreiro, pódense enviar as reclamacións que desexedes, podendo facelo a través do correo electrónico co fin de ir resolvéndoas xa antes da resolución provisional, pero recordade que o período legal de reclamacións é o posterior á publicación da resolución provisional, polo que se non vos atenderan a reclamación tedes que volvela a presentar nese momento, e aí xa por vía rexistro.

Os correos a onde hai que enviar este PDF son persoal.primaria@edu.xunta.es no caso de primaria e persoal.secundaria@edu.xunta.es no caso de secundaria.

  • Pasos a seguir para reclamar.
    1. Na opción Participación do menú poderá verse a instancia validada. No caso de querer facer reclamación deberase premer na ligazón "Reclamar baremo" da columna "Prazo reclamación baremo provisional" e abrirase unha nova xanela.

    2. Nesta nova xanela poderá redactarse en cada un dos apartados a reclamación que sexa necesaria.

    3. Cando se remate de redactar a reclamación hai que premer no botón "gardar" e a continuación no botón "volver".

    4. Na ligazón PDF Reclamacións da columna Prazo reclamación resolución provisional poderá xerar o informe coas reclamacións que será o que deberá presentar por correo electrónico, se se desexa.

Prazo de participación.

Desde o 6 ao 27 de novembro.

Instrucións da Consellaría.

PDF das instrucións da Consellaría para o Concurso.

Normativa estatal.

Orden EFP/1015/2018, de 1 de outubro, pola que se estabelecen as normas procedimentáis aplicábeis aos concursos de traslados de ámbito estatal, que deben convocarse durante o curso 2018/2019, para persoal funcionario dos Corpos docentes contemplados na Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, modificada pola Lei Orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa. Ligazón

Novas prazas nos cadros de persoal que deben saír ofertadas por primeira vez para o corpo de mestres.

Novas prazas catalogadas. Nesta ligazón podes acceder a unha listaxe de prazas de nova creación e que deberán ser ofertadas por vez primeira neste CXT.

PT e AL compartidas.Tamén recibiches no correo postal un CIG-Informa coas 135 novas prazas de PT e AL compartidas, creadas tras a modificación do catálogo de postos de traballo publicada no DOG no mes de xullo. Accede ao PDF deste CIG-Informa nesta ligazón.

Catálogo completo actualizado, con centros de xornada única e de especial dificultade.

As únicas prazas que se poden ofertar no CXT son as que aparecen catalogadas e recollidas neste documento. Ligazón

Vacantes.

Vacantes1 das catro provincias: ligazón

  • 1Notas das vacantes de todo o país remitidas pola inspección de A Coruña

    Esta listaxe foi remitida pola Xefatura da Inspección da Coruña o 19 de novembro. Malia vir da Coruña contén información de todo o país. A CIG-Ensino non se fai responsábel desta información e facémola pública tal e como nos chegou, sen modificar ningún dato.

    Atopamos discrepancias no número de prazas ao respecto do que está publicado no catálogo oficial no DOG.

    Prazas: prazas que poden ser ofertadas no CXT
    Ocupadas: prazas que están ocupadas por profesorado definitivo.
    Vacantes: prazas que se deben ofertar no CXT. Se a cifra é un número negativo implica que no caso de se producir unha resulta (que a persoa definitiva marche por concurso) esta praza non se adxudicaría no CXT).

Vacantes da provincia de Lugo: ligazón

Vacantes da provincia de Ourense: ligazón

Vacantes da provincia de Pontevedra: ligazón

Novas vacantes da provincia de Pontevedra: ligazón

Xubilacións.

Xubilacións da provincia de A Coruña: ligazón

Xubilacións da provincia de Lugo: ligazón

Xubilacións da provincia de Ourense: ligazón

Xubilacións da provincia de Pontevedra: ligazón

Negociación.

Información da mesa sectorial na que se negociou o CXT.

Volver