Concurso destinos provisionais 2009

Concurso destinos provisionais 2009

Concurso destinos provisionais 2009

DESTINOS PROVISIONAIS 2009
(para o curso 2009-2010)

MESTRES

SECUNDARIA

Prazos previstos

  • Período de concurso:  ata o 21 de xullo (inicialmente ata o 11 de xullo, pero ampliouse coa corrección de erros DOG 02-07-09)
  • Resolución provisional: 4/08/09 (anula a que se publicou o 31/7/09)
  • Reclamacións e renuncias: 3 días hábiles desde a publicación da adxudicación provisional (o sábado conta como día hábil)
  • Resolución definitiva: 28 de agosto de 2009 
  • Período de concurso:  Ata o 22 de xullo (inicialmente ata o 8 de xullo, pero ampliouse coa corrección de erros DOG 03-07-09)
  • Resolución provisional: 31 de xullo de 2009
  • Reclamacións e renuncias: Desde 01-08-09 a 04-09-09 
  • Resolución definitiva: 11 de setembro de 2009

Novidades

IMPORTANTE:  NON HAI QUE PRESENTAR POR REXISTRO AS SOLICITUDES NIN EN MESTRES NIN EN SECUNDARIA. A SOLICITUDE QUE SERÁ TIDA EN CONTA SERÁ A ÚLTIMA QUE SE MODIFIQUE DENTRO DO PRAZO.

· 25-06-09: O día 24 houbo problemas coa aplicación informática de destinos provisionais en secundaria (peticións cambiadas, especialidades eliminadas...). Segundo nos informa hoxe a Consellaría, están a revisar esta incidencia, polo que pode ser que non estea operativa a ligazón para participar (lembra que hai unha corrección de erros que seguramente implicará unha ampliación no prazo de solicitudes).
· Os funcionarios do corpo de mestres e secundaria que solicitaron comisión de saúde ou de conciliación da vida laboral e familiar, terán un prazo extra para a petición de destinos de 5 días a partir da resolución da concesión da comisión.
· Os funcionarios de carreira do corpo de mestres en expectativa de destino poden participar por todas as especialidades polas que estean habilitados.
· Os funcionarios de carreira do corpo de secundaria en expectativa de destino poden participar por todas as especialidades das que sexan titulares.
· COMISIÓNS DE SERVIZO POR CONCILIACIÓN E SAÚDE: 
    Segundo a convocatoria de destinos provisionais, "ao persoal que se lle concedera unha comisión de servizos por razón de saúde ou de conciliación da vida familiar e laboral deberá pedir, en primeiro lugar e na mesma orde, os centros demandados na solicitude de comisión de servizos".
    Sen embargo na Mesa sectorial, na que se tratara esta orde, a CIG solicitara que non fose tan estrita e así fora aceptado pola Consellaría pero non apareceu así recollido na orde. A petición da CIG, este asunto foi aclarado na propia reunión da comisión:
    Información da Comisión de Concilia reunida o 2/7/09: Unha vez concedidas as comisións, pódense pedir, a continuación dos centros das localidades que se marcaron na solicitude da comisión, máis centros doutras localidades que non se marcaran. Ademais, á hora de pedir os centros das localidades que se solicitaron na comisión, non teñen por que ir necesariamente na mesma orde que se especificou na solicitude da comisión, nin tampouco hai que pedir todos e cada un dos centros de cada unha das localidades que se solicitaron na comisión, senón aqueles que interesen.

Baixa médica e toma de posesión (profesorado Interino e substituto)

Segundo a addenda do 11 de xullo de 2006, na súa base décima apartado 3: "aquelas persoas interinas ou substitutas que non poidan tomar posesión (enténdese da praza adxudicada neste concurso) por atoparse de baixa por enfermidade ou con permiso de maternidade reservaráselle o posto ata que se atopen en situación de alta. No caso de permiso por maternidade, o tempo transcorrido nesta situación será computable para os efectos administrativos como de servizos efectivos prestados". Polo tanto, se che adxudican vacante definitiva neste concurso e estás de baixa médica ou de permiso por maternidade, non podes tomar posesión. Comunica esta situación tanto ao Departamento territorial correspondente como ao centro de adxudicado (para que non te borren das listas -por non acudir ao centro- e tamén para que te substitúan mentres dure esa situación).

Renuncias e reclamacións á resolución provisional do concurso

RECLAMACIÓNS: O prazo de reclamacións á Adxudicación Provisional podes velo na sección anterior de Prazos Previstos . Pódela facer utilizando o seguinte modelo: Modelo Reclamación á resolución provisional

RENUNCIAS: O profesorado interino ou substituto que queira renunciar a este concurso (por coidado dun fillo menor de 6 anos, dunha persoa maior ao cargo, por un contrato de traballo temporal, .... ) debe facelo dentro dos prazos estabelecidos, adxudíquenlle ou non praza na provisional . De non renunciar e, logo, serche adxudicada unha praza na resolución definitiva non poderás renunciar a ela (agás que a causa que xustificas sexa sobrevida ao prazo de renuncias).

Novidade: O prazo de renuncias cambia en secundaria (será desde o día seguinte á resolución provisional ata o 4 de setembro).




Accede á información de destinos provisionais 2008 (para o curso 2008-09)
Accede á información de destinos provisionais 2007 (para o curso 2007-08)

Volver