Conclusións das Xornadas de Ensino e Pedagóxicas sobre o decreto 124/2007 de promoción e uso do galego

Normalización Lingüística

As Xornadas do Ensino e Encontros Pedagóxicos, organizados pola CIG-Ensino e a AS-PG e celebrados nas cidades de A Coruña, Ferrol, Lugo, a Mariña Luguesa, Ourense, Santiago, Pontevedra e Vigo, nas cales participaron maís de 1 200 docentes, reclamamos unha maior implicación da Consellaría para aplicar na súa totalidade, neste curso escolar (2007-2008), o Decreto 124/2007 polo que se regula o uso e promoción do galego no sistema educativo.

CONCLUSIÓNS DAS XORNADAS DE ENSINO E ENCONTROS PEDAGÓXICOS SOBRE O DECRETO 124/ 2007

 
As Xornadas do Ensino e Encontros Pedagóxicos, organizados pola CIG-Ensino e a AS-PG e celebrados nas cidades de A Coruña, Ferrol, Lugo, a Mariña Luguesa, Ourense, Santiago, Pontevedra e Vigo, nas cales participaron maís de 1 200 docentes, reclamamos unha maior implicación da Consellaría para aplicar na súa totalidade, neste curso escolar (2007-2008), o Decreto 124/2007 polo que se regula o uso e promoción do galego no sistema educativo. Por isto, demandados
  1. Que a Consellaría de Educación poña á disposición dos Equipos de Normalización Lingüística e dos centros educativos todos os recursos necesarios para a aplicación efectiva e o cumprimento do Decreto 124/2007, especialmente o Mapa sociolingüístico de Galiza e os datos estatíscos do IGE.
  2. Creación dun servizo de Normalización Lingüística dentro da Consellaría de Educación que teña entre outras funcións a de asesorar os Equipos de Normalización e o profesorado.
  3. Que neste curso, debido a que o Decreto se publicou a finais de xuño e dado o retraso na publicación de materiais para a elaboración do Proxecto Lingüístico de centro, que se flexibilicen os prazos para a presentación deste documento, requerindo na data fixada ( 30 de setembro) simplemente a comunicación de cales van ser as materias para impartir en galego no presente curso.
  4. Que a Consellaría de Educación se implique activamente na procura do cumprimento do Decreto 124/2007, elaborando un plano de formación para todo o profesorado, coas accións de formación necesarias en horario lectivo e incentivando a participación do profesorado .
  5. Que a Consellaría faga un labor de promoción do Decreto 124/2007 entre toda a comunidade educativa e, especialmente, entre todo o profesorado procurando a súa sensibilidade e implicación activa co necesario proceso de normalización.
  6. Que os grupos paralamentarios no Parlamento de Galiza retiren o seu apoio ao Valedor do Pobo, xa que a través das súas declaración realizadas aos medios de comunicación, nas cales se reiterou, puxo de manifesto unha actitude prexuizosa respecto da nosa lingua pondo en entredito o labor que en prol do noso idioma e os seus utentes poidan realizar.
  7. Que a inspección educativa teña como fin primordial a vixilancia do cumprimento da lexislación, así como o apoio e asesoramento para cantas iniciativas de galeguización e normalización se realicen.
  8. Maior presenza de galego nas escolas de Maxisterio e noutras facultades de orientación docente, impartíndose en galego, como mínimo, o 50 % por cento das materias e impartición en galego do curso de especialización didáctica.
  9. Reforzamento dos equipos de normalización lingüística: dotación de recursos didácticos, pedagóxicos e material necesario; redución horaria de 1 hora para os integrantes do Equipo; convocatoria de axudas ao inicio do curso, efectivamente destinadas a actuacións de promoción da lingua galega; maior dotación económica e adquisición de material didáctico con criterios obxectivos e equitativos na concesión; apoio técnico para realizar as funcións propias do equipo; creación dun equipo de Normalización Lingüística de ámbito nacional, etc.

Volver