Concentración nas xornadas de plástica
Carga Horaria da ESO
Suspensión das xornadas de plástica
Estaban previstas unhas xornadas de Plástica, para o profesorado galego desta materia, organizadas pola Consellaría de Educación, que ían ser inauguradas pola Directora Xeral de Innovación e Ordenación Educativa. As/os asistentes decidiron non participar nestas xornadas, polo que tiveron que ser suspendidas, como mostra de rexeitamento ao trato que a Conselleira quere dar ás materias de Plástica, Música e Tecnoloxía na ESO, reducindo a súa carga horaria nun 40% nas dúas primeiras materias e nun 43% en Tecnoloxía e impedindo, polo tanto, unha formación integral do alumnado.
Esta é unha medida máis que estamos levando a cabo para que a Consellaría mude de posición, co obxecto de conseguir un maior equilibrio entre as diferentes áreas que pasa por outorgar maior carga horaria obrigatoria ás materias de Tecnoloxía, Música e Plástica na ESO. Estas materias teñen menos carga horaria lectiva que outras disciplinas como Relixión, que incrementa o seu horario respecto ao decreto de mínimos do MEC..