Concentración e entrega de sinaturas a prol dun novo bacharelato mércores 21 de maio en San Caetano
Exitosa xornada de aulas reivindicativas
Hoxe, 20 de maio, levouse a cabo unha xornada de aulas reivindicativas por un Bacharelato máis compensado, laico e de calidade, en máis de 60 centros de ensino secundario, en diversas localidades do País
Exitosa xornada de aulas reivindicativas en máis de 60 centros do País
As aulas foron impartidas dentro e fóra dos recinto escolares. Noutros centros houbo concentracións do profesorado, asembleas, etc.
Hoxe, 20 de maio, levouse a cabo unha xornada de aulas reivindicativas por un Bacharelato máis compensado, laico e de calidade, en máis de 60 centros de ensino secundario, en diversas localidades do País, entre os cales, están: IES Rafael Dieste; IES Menéndez Pidal (Zalaeta), IES García Barros, IES Losada Diéguez, IES Maximino Romero de Lema, IES Francisco Aguiar, IES Monte Castelo IES María Sarmiento, IES Parga Pondal, IES Alfredo Brañas, IES Marqués de Sargadelos, IES Concepción Arenal, IES Sofía Casanova, IES Marqués de Suances, IES Saturnino Montojo, IES Fernando Esquío, IES de Foz, IES Laxeiro, IES Ramón María Aller, IES Leiras Pulpeiro, IES Campo de San Alberto, IES de Melide, IES Camilo Xosé Cela, IES A Pobra, IES Ribeira do Louro, IES Valle Inclán, IES Torrente Ballester, IES Xograr Afonso Gómez de Sarria, IES Xelmírez II, IES Eduardo Pondal, IES Rosalía de Castro, IES de Tomiño, IES Francisco Sánchez, IES San Tomé, IES Coruxo, IES de Teis, IES Ricardo Mella, IES Rosais II, IES Santa Irene, IES Basanta Silva, IES Asorey, IES Salvador Moreno, IES As Barxas, IES F. Bouza Brey, IES Cotarelo, IES Taboada Chivite, IES San Paio, etc.
Concentración e entrega de sinaturas da CIG-Ensino, mañá, mércores, 21 de maio, ás 12:00 horas, diante da Consellaría de Educación, en San Caetano, por outro Decreto de Bacharelato
Continuando coas mobilizacións que, desde o 24 de abril, a CIG-Ensino xunto co profesorado afectado está desenvolvendo para conseguir que a Consellaría asuma as nosas propostas e amose unha actitude democrática e negociadora para mudar este decreto, mañá, 21 de maio, ás 12 de mañá, haberá unha concentración da CIG-Ensino, diante da Consellaría de Educación, en San Caetano e a entrega das sinaturas, recollidas para acadar este fin.
O obxectivo de todas as accións e mobilizacións levadas a cabo pola CiG-Ensino e polo profesorado afectado é o de mudar este decreto porque se fundamenta nunha visión centralista e confesional do sistema educativo, impedindo un desenvolvemento curricular propio. Por iso, reclamamos:
- O incremento dunha hora na carga lectiva prevista pola Consellaría nas materias de Filosofía e Cidadanía e Historia, mantendo así a distribución horaria que ten na actualidade, segundo a proposta que se achega.
- Exiximos un ensino laico, que a materia de relixión estea fóra do horario lectivo ordinario dos centros
- Reclamamos que todos os centros que dispensen ensinanzas de Bacharelato deben impartir, como mínimo, dúas modalidade e garantir que o alumnado poida cursar calquera materia propia da súa modalidade.
- Todos os centros que impartan a modalidade de Bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía terán que ofertar todas as materias propias da súa modalidade, incluídas Electrotecnia e Tecnoloxía Industrial I e II.
- Todos os centros ofertarán como optativa Música, tanto en primeiro curso como en segundo, podendo ser cursada nos dous cursos polo alumno/a. Así mesmo, deben incluírse como optativas de oferta obrigatoria nos centros as materias de Historia e Xeografía de Galiza, Historia da Música e unha materia optativa vinculada á Educación Física.
- Reclamamos a dotación suficiente de profesorado en todos os centros para que o alumnado que non ten que repetir curso completo, non comporte incrementar o número de alumnado por aula que, para nós, non debe exceder de 25 alumnos/as.