Concentración diante da Consellaría de Traballo na defensa do convenio, as oposicións e a estabilidade no Consorcio
Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
Hoxe día 7 de outubro a CIG celebrou unha concentración de delegadas e delegados diante da consellaría de Traballo e Benestar Social
A CIG vén de celebrar unha concentración de delegados/as diante da Consellaría de Traballo e Benestar Social para denunciar a situación de parálise na que se atopa as relacións laborais no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar co que isto supón de incerteza nos traballadores e traballadoras e precariedade no servizo.
Na concentración a CIG demandou:
-
Que se convoque de xeito inmediato o Comité Directivo do Consorcio para ratificar o Convenio Colectivo do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, asinado entre o propio Consorcio e as organizacións sindicais que maioritariamente nos representan, co obxecto de que sexa publicado e aplicado inmediatamente.
-
Que se contemplen nos orzamentos da Xunta as partidas necesarias para poder facer efectivo cumprimento de dito convenio, sobre todo nos apartados referidos á xornada e suba salarial
-
Que se celebren os procesos selectivos de persoal xa convocados e coas bases aprobadas e publicadas.
-
Que se negocien, tal como tamén foi acordado, medidas para solucionar a temporalidade do persoal non contemplado nas ditas convocatorias e pertencente a outros Plans e Programas.
-
Que se resolvan todas as irregularidades que se están a dar na actualidade no que ten que ver coa xestión das listaxes, substitucións, cobertura das baixas, modalidades de contratos, falla de recursos materiais e humanos, despedimentos, oferta formativa insuficiente, etc.