Concentración de delegados/as da CIG-Ensino diante do Consello Escolar de Galiza para exixir a retirada do anteproxecto de lei de convivencia e participación da comunidade educativa

A CIG presenta unha emenda a totalidade esixindo a retirada da Lei de Convivencia no Consello Escolar de Galiza e no Observatorio de Convivencia

A CIG-Ensino, presentou ao observatorio Autonómico de convivencia Escolar unha emenda a totalidade do anteproxecto de lei de convivencia e participación esixindo a a súa retirada. Así mesmo, tamén, temos presentado para o pleno do Consello Escolar de Galiza unha emenda a totalidade esixindo a súa retirada.Achégamos as emendas apresentadas ao observatorio eao Consello Escolar de Galiza Lamentara actitude da Consallería por non permitirnos substituir ao noso representante, que se atopa de baixa, para así poder asistir a reunión, furtandolle a representación ao 43% profesorado.

Delegados/as da CIG-Ensino concentraranse o día 28 de xaneiro, ás 16:15 horas, diante da sede do Consello Escolar de Galiza (Rúa San Roque, 2, Santiago) para exixir a retirada do anteproxecto de Lei de Convivencia e Participación Educativa da Comunidade Educativa. Esta concentración coincide co debate da dita Lei que o Pleno do Consello Escolar vai levar a cabo.

 A CIG-Ensino ten presentado unha emenda á totalidade, exixindo a retirada deste anteproxecto, entre outras, polas seguintes razóns:

 A súa motivación real é reducir, aínda máis, o ensino en galego, xa que pretende darlles cobertura legal ás consultas das familias para este fin, logo do informe en contra do Consello Consultivo, cando a ordenación e programación xeral do sistema educativo é competencia única dos poderes públicos, como representantes do conxunto da vontade dos cidadáns e das cidadás, e a procura da normalización é obriga das institucións galegas.

A Consellaría fai uso, máis unha vez, da súa conduta antidemocrática, ao agardar ás vacacións de Nadal para presentar un anteproxecto, impedindo así calquera debate e participación do profesorado e evitando a Mesa Sectorial Docente, único órgano lexítimo de negociación dos docentes.

Lexíslase e actúase en función dos intereses dunha minoría reaccionaria e non representativa, en vez de lexislar a favor de mellorar a calidade do ensino público.

É un proxecto de lei importado de Madrid, de costas á realidade social e educativa de Galiza, que non procura máis profesorado, recursos e medios para mellorar a convivencia nos centros, atender a diversidade escolar e facer fronte ao fracaso escolar.

Continúa sen ser valorizado o noso traballo como docentes, ao termos que impartir materias das que non somos especialistas, realizar funcións e traballos que non nos corresponden, recargarnos de numerosas tarefas burocráticas, prohibirnos impartir aulas en galego, recortarnos os nosos salarios, negar as peticións de profesorado para centros, etc.

Os problemas de convivencia son abordados desde unha perspectiva exclusivamente coercitiva e represiva, desbotando a educativa e formativa, e pretendendo xudicializar a vida escolar e non a formación integral da persoa.

O que realmente precisamos é unha Lei do Sistema Educativo Galego que dea resposta satisfactoria ás necesidades da educación pública galega que pasan, entre outras, por derrogar o Decreto 79/2010, dotar os centros públicos de profesorado suficiente, reducir o número de alumnado por aula, incrementar o investimento no ensino público até o 7% do PIB, dotar os centros de persoal administrativo, garantir a xubilación anticipada, mellorar as nosas retribucións, reducir o horario lectivo aos maiores de 55 anos, incrementar os recursos para a atención á diversidade e á educación personalizada e restituír os nosos salarios.

Día: Venres, 28 de xaneiro de 2011.

Hora: 16:15 horas.

Lugar: Diante da sede do Consello Escolar de Galiza (San Roque, 2, Santiago)

 

Ligazón coa guia de debate no Observatorio

Ligazón das emendas presentadas pola CIG

Concentración de delegados/as da CIG-Ensino diante do Consello Escolar de Galiza para exixir a retirada do anteproxecto de lei de convivencia e participación da comunidade educativa

Volver