Concentración contra a segregación do alumnado por razóns de sexo

25 de novembro, día contra a violencia machista

O día 25, con motivo do día internacional contra a violencia de xénero, celebramos diante da Consellaría de Educación, en San Caetano, unha concentración conxunta con outras organizacións sindicais do ensino co obxectivo de denunciar a actitude da administración educativa que acordou subvencionar aos centros do OPUS DEI que segregan ao alumnado por razóns de sexo, a pesares de que o anterior goberno tivera informado negativamente ditos concertos debido a que incumprían a lexislación educativa vixente.

Anxo Louzao, secretario nacional de CIG-Ensino, nas súas declaracións insistiu en que a segregación por razóns de sexo, ademais de ilegal, é un obstáculo a avanzar cara a igualdade e conseguintemente, cumprir o obxectivo de desterrar a violencia de xénero que ten o seu fermento nun machismo que xustifica a discriminación e desigualdade entre homes e mulleres.
A CIG-Ensino presentou un recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal de Xustiza de Galiza e contra esta resolución. Os centros agraciados que se lles subvención totalmente o ensino son centros ligados ao OPUS en concerto: Las Acacias, o Monte Castelao e Aloya. en Vigo e Montespiño, e Peñarredonda na Coruña. Esta concesión contradí a actual lexislación marco vixente (disposición adicional vixésimo quinta, artigo 84 da LOE ; artigo 4 do Decreto 30/2007 que regula admisión do alumnado e a e Orde do 9 de xaneiro pola que se ditan as normas para aplicación de concertos educativos en Galiza, a cal no seu punto 2 do artigo 4º indica como obriga o cumprimento da normativa vixente sobre a non-discriminación da admisión alumnado por razóns de sexo.
Sabemos que a resolución da xustiza pode ser lenta, o que vai permitir entrementres manter esta irregularidade, polo que é fundamental a sensibilización da opinión pública para presionar a unha Consellaría que se está a pregar a sectores ultraconservadores e predemocráticos, provocando un dano irreparable ao sistema educativo galego, non só polos fondos que se desvían cara estas entidades privadas e que se precisan no ensino público, senón, sobre todo, polos valores que se está a promover desde estes colexios fundamentalistas, e que avalan a desigualdade e, xa que logo, son o caldo de cultivo dunha lacra como a violencia machista que retoricamente todo o mundo condena, pero na práctica a Consellaría non pon os recursos e medidas necesarias para combatela.

Volver