
Complemento titorial, profesorado interino, ISM, relixión, e outros temas tratados na mesa sectorial
Rogos e preguntas na mesa
INFORMACIÓNS MESA SECTORIAL 30-10-2007
ROGOS E PREGUNTAS
Desde a CIG-Ensino demandamos que na próxima mesa sectorial se fixe un calendario de temas a negociar (Para o primeiro trimestre a CIG-Ensino achegoulle un escrito á Consellaría cos seguintes temas: Constitución da mesa sectorial Docente, problemática na adxudicación de destinos provisionais, incumprimento do acordo do 8 de xuño sobre catálogos, rede de orientación, ampliación servizos centrais da Consellaría, novos criterios para a xornada única, redución das rateos, redución do horario lectivo aos maiores de 55 anos, negociación dos ROCs (regulamento orgánico dos centros), dotación administrativos aos centros de infantil e primaria, estabilidade profesorado interino, negociación condicións itinerantes, adaptación Lei Función Pública ao Ensino, xubilación anticipada, cobro sexenios funcionarios en prácticas, temas relacionados coas retribucións, etc A CIG-Ensino xa lles achegou un calendario de temas a negociar. A constitución da mesa sectorial leva un ano de retraso.
Demandamos a necesidade de dotar de máis persoal os servizos centrais da consellaría xa que se puxo en evidencia a súa escaseza tanto no último proceso selectivo como na adxudicación provisional de destinos en canto á atención dispensada.
Hai que tratar os problemas producidos nas adxudicacións definitivas nos concursos de destinos provisionais.
Centros de Infantil e Primaria
· Desde a CIG-Ensino demandamos que se negocie canto antes novas criterios para que os centros se acollan á xornada única.
· A CIG-Ensino insiste en que é necesario negociar as condicións do profesorado itinerante.
· Rede de orientación e catálogo de postos. Resposta Admon: Trasladaranlle á dirección xeral de FP e EE a modificación dos posíbeis erros.
· Desde a CIG-Ensino esiximos o análise do incumprimento do acordo de 8 de xuño (tanto de catálogo como de tempo de permanencia). Resposta Admon: Habería que ver en que centros concretos non se está aplicando. Sería competencia da inspección educativa correspondente.
Profesorado interino e substituto/Oposicións.
· Desde a CIG-Ensino voltamos recordar a necesidade da negociación dun acordo de estabilidade para o profesorado interino. Resposta da Admon.: En comparecencia parlamentaria déronse os datos dos resultados das oposicións entre o colectivo do profesorado interino. 1559 interinos pasaron a ser funcionarios, máis do 40 % do profesorado interino. O proceso transitorio está proporcionando resultados satisfactorios co cal non se vai negociar ningún acordo de estabilidade até que acabe o proceso transitorio.
· A CIG-Ensino insiste en que o profesorado substituto debe cobrar tamén o complemento de titoría. Resposta Admon: O persoal substituto vai cobrar o complemento.
· Demandamos tamén que se dea resposta a todos os recursos presentados polos opositores.
· A CIG-Ensino pide que se aclare canto antes se se van modificar os temarios da oposición e se vai a haber oposicións da especialidade de primaria. Resposta Admon: Se nun mes ou mes o medio non se move nada a nivel estatal serán os mesmos temarios que o curso pasado. En canto a especialidade de primaria teñen que negociarse a nivel estatal certas cuestións.
Complemento titoría secundaria
· Desde a CIG-Ensino entendemos que o profesorado de secundaria con 18 horas, incluídas as gardas, cobre o complemento. Resposta Admon: En secundaria no cómputo das 18 horas non se inclúen as gardas.
Persoal ISM.
A CIG-Ensino demanda que se solucione toda a problemática económica e laboral do persoal do ISM. Resposta Admón : A Consellaría comunica que o persoal docente, a partir de xaneiro de 2008, data en que será nomeado funcionario de carreira, terá recoñecidos os dereitos económicos que terán efectos retroactivos até o 1 de setembro de 2007.
Canto ao persoal non docente están a tramitar que na nómina de decembro de 2007 perciban os atrasos do desfase retributivo co Convenio único, que se aboarán con efectos do 1 de xaneiro de 2006. E desde esa data tentarán que as retribucións estean homologadas.
Aquelas persoas que pasen a percibir unhas retribucións menores, percibirán un complemento compensatorio até a igualación das retribucións.
Analizarán tamén a situación do persoal que non ten a formación necesaria para o cobro de sexenios.
A CIG-Ensino xa lle ten presentado un escrito demandando solución definitiva a este asunto.
Profesorado de Relixión
· Na CIG-Ensino esiximos unha solución á problemática xurdida pola asignación do profesorado de relixión aos centros que leva consigo a modificación dos horarios do resto do profesorado.
· A administración di que o funcionamento das listaxes de relixión terá que vir á mesa.
Modificacións Lei da Función Pública Galega
· A CIG-Ensino demanda que se fagan as adaptacións necesarias para a adecuar as modificacións da lei da función pública galega aos docentes. Resposta Admon: Analizarano e verán se hai que aplicar unha normativa específica, pero entenden que non. En canto á ampliación do permiso de lactación, non aumentarán as catro semanas.
(A CIG-Ensino xa lle ten presentado unha proposta nese sentido)
Cobro dos sexenios funcionarios en prácticas
· Como consecuencia de que nunha época ao profesorado interino se lle ten denegado a asistencia a cursos de formación a CIG-Ensino demanda que as horas de formación non teñan que estar distribuídas a razón de 100 horas cada 6 anos, senón que se permitan acumular en todo o período, proposta que xa foi presentada hai máis dun mes. Resposta: Van estudar o tema.
.