Como se reparten as prazas desertas entre os diferentes tribunais dunha mesma especialidade?

Información da CIG-Ensino sobre a reasignación de prazas entre tribunais

Diante das numerosas consultas atendidas nestes días nos locais do sindicato, a CIG-Ensino fai publico un documento con aclaracións sobre os criterios que aplica a Consellaría de Educación á hora de determinar a que aspirantes que superaron o proceso selectivo nun tribunal mais quedaron sen praza pola nota de corte, lle corresponde algunha praza que quedou deserta noutro ou noutros tribunais da mesma especialidade.

A Consellaría de Educación debería facer públicos estes criterios, tanto para os tribunais como para as persoas aspirantes, xa que non o facer só crea confusión e dúbidas sobre o proceso.

Como a administración non o fai a CIG-Ensino elaborou un documento explicativo sobre os CRITERIOS PARA DETERMINAR O REPARTO DE PRAZAS POR TRIBUNAIS NAS OPOSICIÓNS DOCENTES 

Volver