
Comité intercentros de Seguridade e Saúde laboral
Información da reunión do CISSL de hoxe, martes, 6 de xuño
Información sobre a necesidade da modificación do regulamento do comité para a súa adecuación ao acordo sobre dereitos de participación do persoal ao servizo da Administración da Xunta de Galicia en materia de prevención de riscos laborais.
Informa a administración que será de forma paritaria por parte do número de representantes das OOSS que están na mesa sectorial e da Administración.
Aprobarase o novo regulamento nunha próxima convocatoria extraordinaria.
Memoria e información da programación preventiva. Cursos académicos 2022/2023 e 2023/2024:
1. Vixilancia da saúde e epidemioloxía
Cualtis manda un informe epidemiolóxico en castelán, esperamos que se corrixa para o próximo ano, só 5975 recoñecementos de máis de 30.000 docentes? Hai que dar máis facilidades para facela e para solicitala, e unha maior campaña de información.
Para traballar a saúde mental, tanto do alumnado como do profesorado, é necesario ter menos horas lectivas e baixar as ratios para poder facer un labor docente máis individualizado.
Só se valoraron 41 postos de traballo (28 por problemas de saúde, 12 riscos de embarazo e 1 accidente de traballo). Está claro que, debido ao descoñecemento e pouca á axilidade da administración na avaliación dos postos de traballo, o profesorado acaba solicitando unha baixa no lugar dunha adaptación. Solicitamos información sobre estas adaptacións.
2. Sinistralidade. Informes sobre accidentes laborais e enfermidades profesionais.
Segundo a administración estamos nunha porcentaxe de total normalidade, 52 accidentes (dos cales 27 remataron con baixa) e 25 en itínere.
3. Formación en materia de prevención de riscos laborais.
Solicitamos que a formación sexa en horario laboral e presencial tamén no rural. Indicamos a importancia de que estes cursos fosen homologados.
4. Programación da avaliación riscos nos centros docentes
Fixéronse 240 avaliacións ata o 31 de maio deste ano (98 en Coruña, 40 en Lugo, 30 en Ourense e 72 en Pontevedra), das que só se nos convocou no comité provincial de Ourense.
Para evitar esta problemática a partir de agora, informarannos da planificación desde os servizos centrais da Consellaría.
Os informes dos que temos coñecemento son moi xerais e sen distinguir tipoloxía dos centros educativos, ademais de ser en castelán.
Empezarán o vindeiro curso co tema da avaliación de riscos psicosociais, será a través dunha aplicación web para que o profesorado participe e así poder detectar todas as anomalías nos diferentes postos de traballo.
Información sobre o CSM de Vigo respecto da Medición de gas radon.
Os niveis de radon no CSM de Vigo estanse a normalizar despois de ter feito as avaliacións pertinentes.
Varios
- Pedimos que se activen os mecanismos necesarios para que se convoquen os Comités Provinciais, pois só temos constancia de que o único que se convoca é o de Ourense.
- Solicitamos reunións trimestrais do CISSL.
- Exiximos un PLAN DE IGUALDADE da Consellería de Educación.
- Só 12 riscos de embarazo en todos os centros do país, hai que facer que esta solicitude sexa máis sinxela e rápida para que non se teña que recorrer á baixa médica.