Comisión de servizos de escolarización de alumnado de atención preferente.
Orde de postos de escolarización
Na Mesa sectorial do
A CIG-Ensino exixiulle á Administración que esta orde quedara para outro día xa que ademáis de ser unha orde novidosa foinos remitida o día anterior á Mesa Sectorial sen posibilidade de estudala a conciencia.
Ademáis desde a CIG-Ensino sempre defendemos que as prazas en comisións de servizo deben ser excepcionais. Non entendemos como estas prazas non se cubren mediante concurso de Traslados, aínda que este sexa un concurso específico con determinado perfil e que sexa voluntario.
En canto ao baremo a CIG-Ensino demandou que debera ser o mesmo que o do Concurso de Traslados (Resposta: modificarano para asemellalo ao CXT).
Non é lóxico que se pida un proxecto para estas prazas e que haxa que ter unha calificación de catro ou máis no mesmo. (Resposta: aceptado, retirarán o proxecto).
No referente á antigüidade debera terse en conta os servizos como funcionario en prácticas e interino. Ademáis debera ter máis peso a antigüidade que a formación. (Resposta: valorarán máis a experiencia).
A CIG-Ensino tamén demandou que as comisións de valoración deberan ter outra composición.
A Administración di que revisarán o anexo dos centros porque se algúns deles xa son centros específicos non debera haber postos en comisión de servizos senón por concurso de traslados. Aqueles que sexan centros ordinarios cubriranse as prazas mediante comisión de servizos.
Revisarán o requisito de titulación en Psicopedagoxía para engadir máis. Modificarán a redacción do apartado 6 do baremo.