Comeza a matrícula da ESO sen que se teña aprobado e publicado o seu currículo

Calendario de aplicación da LOE

Segundo o calendario de aplicación da LOE (Lei Orgánica de Educación) no vindeiro curso 2007-08, implantarase esta lei nos niveis de 1º e 3º da ESO. Sen embargo a estas alturas atopámonos que, en cumprimento da orde do 17 de marzo de 2007, vén de abrirse o prazo de matrícula que abrangue do 25 de xuño ao 10 de xullo para o alumnado da ESO e Bacharelato.

Isto supón un contra sentido e até certo desamparo ao non estar aprobados e publicados os decretos do currículo desta etapa educativa nin as ordes que os desenvolven. Pero tampouco as normativas de avaliación nin os programas de diversificación curricular. Así mesmo, non están fixadas legalmente as optativas que os centros deben ofertar nin os contidos das materias. Todo isto supón un inconveniente e retraso para os centros para organizar o vindeiro curso escolar co tempo suficiente e dar a información necesaria ao alumnado. O que resulta máis grave que os libros de texto se editen sen ter coñecemento do currículo oficial, mesmo habendo materias que se ofertan por primeira vez (proxecto interdisciplinar en 1º e iniciativas emprendedoras en 3º). Hoxe vai ao Consello Escolar de Galiza o decreto que establece as ensinanzas de idiomas de réxime especial nos niveis básico e intermedio que se deben aplicar para o ano que vén.

A CIG-Ensino quer denunciar esta situación que deixa en evidencia os desaxustes no calendario de aplicación da LOE e polo tanto reclamamos que se publiquen canto antes os decretos que fixan o currículo así como as ordes que o desenvolven, agardando que non se producir esta situación.

Volver