CIG Ensino e ASPG poñen en aberto as videoconferencias das XVIII Xornadas das mulleres

Tiveron lugar esta fin de semana pasada e desenvolvéronse a través de videoconferencias

Durante estas xornadas analizouse a importancia do ensino para traballar a igualdade. Tamén se presentaron propostas realizadas desde os centros educativos co obxectivo de proporcionar ao profesorado técnicas para estimular a coeducación nas aulas e eliminar estereotipos de xénero.

Na quenda de mañá,  María Marco, premio Xerais de narrativa coa novela Coidadoras e Nicolasa Castro, docente de lingua galega e membro da executiva da CIG, faláronnos de Coidadoras e coidados, do sindicalismo á literatura. Tamén na quenda matutina interviron María José Caamaño e Montse Pena, docentes na USC que nos achegaron Algunhas ideas para a comunicación inclusiva nas aulas: retos e propostas para o futuro.

Pola tarde,  Branca Villares, profesora de música e baile tradicional, analizou o Pouso da violencia contra as mulleres no Cancioneiro tradicional e popular galego; Leonor Gala Torres, profesora de Bioloxía no IES Xohán e coordinadora de igualdade e diversidade, achegounos Propostas coeducativas para traballar nos centros de ensino: Aulas Illás; Águeda Gómez, profesora da universidade de Vigo, falou sobre Sexualidade, prostitución, educación e sociedade; e por último, Sofía Espiñeira, cantautora e coreógrafa, pechou as xornadas cunha intervención sobre O baile e a música como ferramenta para traballar a coeducación.

Volver