CIG-Ensino denuncia a improvisación no nomeamento de 30 persoas para coordinar o programa de “polos creativos”

O sindicato esixe o nomeamento como persoal interino do profesorado que vai substituír ás coordinadoras ou coordinadores e a quen só se lles fai nomeamento até 30 de xuño

O pasado 1 de xuño de 2023 o presidente da Xunta de Galiza anunciou a dotación de Polos creativos no 100 % dos centros educativos a partir do actual curso. Nese momento estaban pendentes aínda as convocatorias de persoal asesor da Consellaría e as prazas de nos centros de formación do profesorado (CFR), polo que se puido ter aproveitado esas convocatorias para incorporar os postos necesarios para a atención destes novos “polos creativos”.

Porén, en ningunha desas dúas convocatorias apareceron as novas prazas, o persoal que até ese momento coordinar e a CIG-Ensino advertiu na Mesa Sectorial do 13 de xuño que o persoal que até o curso pasado atendía os 225 centros que xa tiñan este programa eran un número totalmente insuficiente para coordinar total dos centros galegos.

Non foi até onte, 28 de setembro, cando a Consellaría tomou a decisión de  facer chamamentos para cubrir as prazas de 30 persoas que foron nomeadas sen convocatoria previa e dun xeito improvisado e irregular.

A CIG-Ensino xa se cuestionou en xuño se existía algún tipo de estudo para estender os “polos creativos” a todos os centros e se se contaba con suficientes recurso económicos e humanos. A resposta, naquela altura, non deixou lugar a dúbidas: a Xunta recibía fondos con carácter finalistas que só podía “gastar”. Por tanto, nin de busca dar resposta ás necesidades dos centros e das súas demandas  e vaise investir nada máis e nada menos que 13 millóns de euros -só en material- sen ter un plan previo nin de futuro.

O despropósito e a improvisación non paran. A estes hai que unir a decisión de limitar a contratación do profesorado que substituirá nos centros ao novo persoal asesor até o 30 de xuño  no canto de facelo até o 31 de agosto malia como acontece co persoal interino que substitúe ao profesorado que deixa os centros para ocupar prazas de asesoría tanto da Consellaría como dos CFR.

A CIG-Ensino denuncia esta discriminación e solicita que os nomeamentos con fin de contrato a 30 de xuño se transformen en interinidades.

Volver