Centros Educación Especial. A CIG-Ensino toma a iniciativa por un convenio galego para os centros de atención a persoas con discapacidade.

Educación Especial - Mobilizacións polo Convenio Galego

É unha vella reivindicación da CIG-Ensino a necesidade de trasladar o ámbito de negociación ao noso noso país en tódolos sectores laborais, non só polos principios que rixen toda a nosa acción sindical diferenciadora das outras organizacións sindicais ao definirnos como un sindicato nacionalista e de clase, senón porque a práctica leva demostrado que en todos os casos en que se acada ese obxectivo, os procesos de negociacón colectiva son máis participativos, máis achegados aos colectivos implicados, con máis capacidade de presión e, como consecuencia de todo isto, os resultados dan sempre como resultado convenios e acordos que melloran sustancialmente os de ámbito estatal sendo máis beneficiosas para o conxunto dos traballadores e traballadoras.

A CIG-Ensino toma a iniciativa por un convenio galego para os centros de atención a persoas con discapacidade.
Concentración na Praza de Cervantes. Compostela.

É unha vella reivindicación da CIG-Ensino a necesidade de trasladar o ámbito de negociación ao noso noso país en tódolos sectores laborais, non só polos principios que rixen toda a nosa acción sindical diferenciadora das outras organizacións sindicais ao definirnos como un sindicato nacionalista e de clase, senón porque a práctica leva demostrado que en todos os casos en que se acada ese obxectivo, os procesos de negociacón colectiva son máis participativos, máis achegados aos colectivos implicados, con máis capacidade de presión e, como consecuencia de todo isto, os resultados dan sempre como resultado convenios e acordos que melloran sustancialmente os de ámbito estatal sendo máis beneficiosas para o conxunto dos traballadores e traballadoras.

Este criterio que defendemos faise, se cabe, aínda máis necesario neste sector, o que abarca a todo o persoal que presta os seus servizos nos Centros de Atención a Persoas con Discapacidade (ou Centros de Educación Especial, como adoita chamárselle). Se os diferentes convenios de ámbito estatal que regularon nun principio as condicións laborais e salariais destes centros non se caracterizaron nunca precisamente por ser moi beneficiosos para o persoal, resulta aínda máis grave que a evolución dos últimos anos nos sexa en absoluto positiva, pois lonxe de acadar melloras significaron un progresivo deterioro e retroceso en moitos aspectos, renunciando a dereitos xa adquiridos, empeorando e precarizando aínda máis as condicións de traballo e consolidando progresivamente a perda de poder adquisitivo dos traballadores e traballadoras. Esta crítica feita en base a dados obxectivos, vese reforzada, ademais, pola complexidade que se lle deu cos trocos introducidos ao convenio na súa estructura (realmente son tres convenios nun), que fomenta a discriminación entre o persoal segundo a tipoloxía de centro e, cómpre tamén denuncialo, pola falla de rigor, seriedade e respecto polas mínimas normas democráticas de negociación que legalmente están establecidas. Feito non só imputable a algunhas patronais, senón tamén a algunha organización sindical, que adoita como práctica habitual métodos oscurantistas, unilatarais e sectarios, negociando pola súa conta ao marxe da Mesa De Negociación e mostrando un total desprezo polo resto de organizacións presentes na mesma. 

Neste contexto, desde a CIG-Ensino, sindicato maioritario no sector en Galiza, decidimos tomar a iniciativa para mudar esta situación e puxemos en marcha distintas accións e xestións para crear dunha vez por todas un marco de negociación que  remate na consecución dun Convenio Galego que se adapte ás necesidades que os centros do noso país veñen demandando e que recolla para o seu persoal as melloras necesarias para que teñan unhas condicións laborais e salariais dignas.
Xa temos dado algúns pasos para impulsar este proceso: dirixímonos ás patronais máis representativas, á Administración Galega con competencias no sector, como parte implicada polas subvencións que aporta aos centros e solicitándolle que faga un papel mediador no proceso, a outras organizacións sindicais como FETE-UGT, coa que chegamos a cordo sobre unha plataforma reivindicativa e as accións a emprender,...e, por suposto, aos propios traballadores e traballadoras que deben ser os principais protagonistas do proceso implicándose directamente. Primeiro a través dunha recollida de sinaturas que avalen estas demandas e logo participando nas mobilizacións que, conxuntamente con FETE-UGT xa temos acordado convocar ou nas que se poidan facer posteriormente en función da evolución do proceso.

Aínda que se farán públicos estes acordos, informamos xa sobre unha primeira mobilización que acordamos convocar A CIG-Ensino e FETE-UGT e á que, aínda que está dirixida a delegados e delegadas, invitamos a participar a todas as persoas que así o desexen e lles sexa posible.

Reproducimos a continuación o texto que consensuamos as dúas organizacións sindicais como táboa reivindicativa:

A CIG-Ensino e FETE-UGT Galicia denuncian a situación na que se atopan os/as traballadores/as dos centros galegos afectados polo XII Convenio Colectivo estatal de Centros de Atención a Persoas con Discapacidade, diante do que consideramos que é unha situación de precariedade das súas condicións laborais e salariais e, en consecuencia, do deterioro dun servizo que, polo seu carácter social e as características especiais dos usuarios que a el se acollen, debería centrarse en mellorar os recursos materiais e humanos, en vez de centrarse en en criterios de rendibilidade. Polo tanto, queremos facer chegar ás partes implicadas as seguintes demandas:

 
  • Rexeitar o actual convenio estatal que regula este sector, tanto polo seu contido, pois consideramos que non regula axeitadamente as condicións laborais e salariais do persoal e a organización do traballo, ao non garantir que estas poidan exercerse dun xeito digno e con criterios de calidade, como pola súa estructura tan complexa e discriminatoria que conduce a unha clasificación arbitraria do persoal baseada nas tres tipoloxías de centros, ignorando o Sistema Nacional de Cualificacións, no que debería basearse.
  • Denunciar o proceso de negociación do XIII Convenio e os inmediatamente anteriores, pola falla de rigor e seriedade que levou a suspender ata oito reunións, coa conseguinte paralización. Ademais consideramos que non se están a ter en conta as causas polas que xurdiron os centros existentes en Galiza e, polo tanto, as súas características específicas e as consecuentes condicións do seu persoal, que ve limitada a súa capacidade de influír no proceso negociador.
  • Dado que vemos moi difícil acadar ningún tipo de melloras substanciais neste marco de negociación, e tendo en conta que as competencias sobre as subvencións coas que se manteñen estes centros están transferidas á Administración Galega, demandamos das patronais do sector o inicio dunhas negociacións que senten as bases que nos permitan acadar un Convenio propio que mellore substancialmente as condicións recollidas no convenio estatal, tal e como sucede noutros territorios do estado. Así mesmo, instamos a Administración Galega a que intermedie para facer efectiva esta proposta.
  • Solicitamos da Administración Galega o control exhaustivo das subvencións recibidas por este tipo de centros.
  • Manifestamos a nosa intención de iniciar todo tipo de accións e mobilizacións de cara a acadar estes obxectivos, comezando por unha concentración de delegados e delegadas que terá lugar o vindeiro día 4 de marzo, ás 12 h., na Praza de Cervantes de Santiago.
 

Volver