Cátedras 2020

Ligazón á páxina web de inscrición

Persoal aprobado no proceso selectivo

Orde do 9 de febreiro de 2022 pola que se fai pública a relación de persoal aspirante que superou o procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario, de artes plásticas e deseño e de escolas oficiais de idiomas, convocado pola Orde do 4 de xuño de 2020 (Diario Oficial de Galicia do 16 de abril). Ligazón

   Modificación da Orde anterior. Ligazón

Resolución. Ligazón
Puntuacións definitivas por apartados. Ligazón
Relación definitiva do persoal seleccionado. Ligazón
Aprobadas no BOE. Ligazón

Listaxes definitivas

Resolución definitiva de admitidas e excluídas

Listaxe definitiva admitidas

Listaxe definitiva excluídas

Puntuacións definitivas

Resolución. Ligazón
Baremo (agás apartados 3.2.1 e 3.2.4). Ligazón
Baremo apartados 3.2.1 e 3.2.4. Ligazón
 

Puntuación provisional do baremo correspondente ás subepígrafes 3.2.1 e 3.2.4

Resolución. Ligazón
Baremo. Ligazón
Reclamacións: do 8 ao 12 de novembro. As reclamacións presentaranse por calquera dos medios a que alude a base 3.8. da orde de convocatoria ante o propio Tribunal cualificador correspondente (especificando o corpo e a área) dirixidas á Inspección Educativa de Santiago de Compostela, rúa San Lázaro, 107, C.P. 15781 Santiago de Compostela (sede dos tribunais cualificadores do procedemento de acceso).

Instrucións para a presentación dos méritos alegados nas subepígrafes 3.2.1 e 3.2.4 

Instrucións. Ligazón
Prazo: do 20 ao 30 de setembro

Puntuacións provisorias do baremo (agás as subepígrafes 3.2.1 e 3.2.4).

Resolución
Baremo

Prazo reclamacións: do 2 ao 8 de setembro. 

Como reclamar

1º Na opción As miñas instancias do menú poderá ver a súa instancia validada, prema na ligazón Reclamar baremo da columna Prazo reclamación resolución provisional e abrirase unha nova xanela.
2º Nesta nova xanela poderá redactar en cada un dos apartados as súas reclamacións.
3º Cando remate as reclamacións prema no botón gardar e a continuación no botón volver.
4º Na ligazón PDF Reclamacións da columna Prazo reclamación resolución provisional poderá xerar o informe coas reclamacións que será o que deberá presentar.
5º Dirixiranse ao Servizo de Profesorado de Educación Secundaria, Formación Profesional e Réxime Especial dependente da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e poderán presentarse por rexistro ou na secretaría do centro.

Tribunais no DOG

Ligazón

Nota informativa

Con relación ao desenvolvemento do procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario, de artes plásticas e deseño e de escolas oficiais de idiomas convocado mediante a Orde do 4 de xuño de 2020 (DOG n.º122, 22 de xuño), cómpre comunicar, a efectos informativos, que o 1 de setembro de 2021 está previsto realizar as seguintes publicacións:

- Publicación no portal web http://www.edu.xunta.gal das puntuacións provisorias de conformidade coa base 7.3 da citade orde.

- Publicación no Diario Oficial de Galicia da composición dos tribunais cualificadores que xulgarán o procedemento selectivo de conformidade coa base 5.1 da citade orde.

Tribunais

Ligazón

Listaxes provisionais

Resolución provisional de admitidos e excluídos

Listaxe provisional admitidos

Listaxe provisional excluídos

Convocatoria

Orde do 4 de xuño de 2020 pola que se convoca procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario, de artes plásticas e deseño e de escolas oficiais de idiomas. Ligazón.

Prazo de presentación

15 días hábiles computados a partir do día seguinte ao da publicación desta Orde no Diario Oficial de Galicia, é dicir,  do 23 de xuño ao 14 de xullo, ambos incluídos.

Previsións do concurso

Segundo vén de informarnos a Consellaría, non procederán a sortear os tribunais neste mes de xullo. (Teñamos en conta que as catro persoas vogais son sorteadas entre profesorado do corpo de cátedras).

Non teñen aínda previsión de prazos para o sorteo mais non será en ningún caso antes do mes de setembro. 

A baremación e posteriores prazos (listaxes provisionais, reclamacións, listaxes definitivas) tería lugar, previsibelmente, no primeiro trimestre do curso escolar.

Videotitorial

Incidencias no acceso a cátedras

A CIG-ENSINO comunicoulle o pasado día 25 de xuño á Subdirección Xeral unha serie de erros tanto na convocatoria como na aplicación. Compartimos con todas e todos vós as respostas a estas incidencias.

1️⃣No apartado 3.5. da convocatoria hai un erro xa que se afirma que na puntuación da subepígrafe 3.2.1concorrerá coa puntuación da epígrafe 4.1 (cargos directivos) do concurso, dividida por 2,5, cando o correcto é 6.1. 

Comunícannos da Subdirección Xeral que van publicar unha corrección de erros no DOG no sentido que lle indicamos. 

2️⃣Na aplicación aparece que o apartado 3.2.4. é "Exclusivamente para as especialidades de artes plásticas e deseño” cando este apartado afecta a todo o profesorado.

Comunícannos da Subdirección Xeral que xa está corrixido.

3️⃣En Documentación que se presenta ou xa presentada, cando se quere seleccionar o órgano e o procedemento en que se entregou a documentación, en procedemento só accede a Oposicións, e logo 2019 e non a convocatoria dun CXT igual ou posterior ao 2010, tal e como se indica na convocatoria.

Están revisando retirar os despregábeis ou podelos deixar en branco xa que toda vez que o baremo xa aparece cargado, quen non alegue novos méritos xa dá por boa a puntuación que lle aparece nos apartados correspondentes. En todo caso, bastaría con non despregar nada en ningunha das tres opcións (órgano-procedemento-convocatoria) marcando, cando proceda, a opción correspondente do que se presenta ou se alega ter presentado.

Volver