Campaña de recollida de sinaturas en contra das programacións LOMCE

Exiximos a paralización deste modelo de programación e en consecuencia a derrogación da LOMCE

Anexamos nesta nova o pdf para que, de non telo, poidades imprimir o prego de sinaturas para recoller as sinaturas e remitilas á Consellaría de Educación gabinete.educacion@edu.xunta.es, ou fax: 881999347 e unha copia á CIG-Ensino organizacion@cig-ensino.gal, fax: 981 575 839.

Sr. conselleiro de Cultura, Educación e OU

O departamento da materia de ................, do (centro), concello de ...................., ante a obriga de elaborar as programacións segundo o modelo LOMCE, quere manifestar o seguinte: 

  • Trátase dun traballo burocratizado de dubidosa eficacia avaliadora e utilidade na aula.  
  • A súa aplicación práctica limita e constrinxe de maneira absurda o labor do profesorado na aula.
  • Sobrecarga de maneira exaxerada o traballo docente, fai imposíbel a súa aplicación nas actuais aulas masificadas e en nada contribúe á mellora do proceso ensino-aprendizaxe.
  • Non se tivo en conta a opinión do profesorado e, no entanto, obrígaselle a cumprir uns prazos imposíbeis, sen o máis mínimo asesoramento. 
  • É un traballo ímprobo que se agrava coa diferenza de criterios que están a aplicar as inspeccións, coa ausencia total de formación e información e mesmo coas diferentes datas para a súa aplicación. 
  • Descoñecemos como se debe concretar cada “estándar de aprendizaxe avaliábel” día a día, tarefa a tarefa, mínimo a mínimo; canto tempo levará a elaboración de tal programación e as páxinas que ocuparía e quen se ocupará de ler todas e cada unhas das programacións didácticas resultantes de tan inxente labor. De que servirá unha programación didáctica se ninguén a vai ler e sobre todo se ninguén a vai poder levar a práctica realmente? Obviamente máis burocratización e traballo innecesario.

É unha desconsideración máis co profesorado e en nada contribúe á mellora da calidade do ensino. Por iso exiximos: 

  • Facilitar o traballo do profesorado e dar instrucións claras e uniformes, velando porque os centros conten co tempo necesario para poder realizar o traballo nas condicións debidas e co obxectivo de que produza o máximo rendemento. 
  • Información da inspección educativa de xeito coordinado e con instrucións claras, axeitadas e uniformes para a elaboración das programacións didácticas.
  • Ampliación, polo tempo necesario e suficiente, do prazo de entrega das programacións.
  • Oferta de formación en horario lectivo para todo o relacionado coa elaboración das programacións. 
  • En calquera caso, exiximos a paralización deste modelo de programación e en consecuencia a derrogación da LOMCE. 

NOVAS RELACIONADAS

A CIG-Ensino exixe que a Consellaría paralice o modelo de programacións imposto pola LOMCE

Volver